Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 07/10/2016 10:25

Crónica I Trofeo Teresa Herrera Infantil Feminino

Crónica I Trofeo Teresa Herrera Infantil Femenino

CO TRAXE DE "ULTRAHEROI"

"Un pouco máis, un pouco máis

Vou matarme por chegar

Un pouco máis, un pouco máis

Un pouco máis e son o as".

("Vou gañar". Miguel Bosé)

Cando as cousas poden saír ben, saen ben. Morto Murphy acabouse a rabia. Que mellor que o I Torneo Teresa Herrera Feminino para borrar as agujetas do sábado e pechar as feridas.

Non tiñamos moi claro en condición de que acudiamos ao perfecto triangular organizado co malgaste humano habitual por parte do club Maristas, parabén. Habiámonos desnortado un pouco coa xornada da véspera así que acudimos expectantes ao primeiro partido mañanero contra as anfitrioas algo mermadas polas ausencias. Liquidado o primeiro escollo con rotacións constantes, enfrontámonos ao "Grupo A Junquera", de Vilagarcía. Aquí a cousa complicouse e acabamos perdendo de 4 puntos cun bo esforzo que nos axudou a enxugar ata 10 puntos de diferenza nalgún momento. Resultado esperanzador para a tarde, xa que se xoga a dobre volta.

Nada mellor que unha comida de equipo para pechar filas, mollamos os pés na praia e volta á faena. A tarde non nos fixo acusar o cansazo. Puideron as ganas e outra vez vitoria sobre Maristas, esta vez con todas as súas xogadoras, colocounos onde queriamos estar: por fin o encontro contra A Junquera, coas ideas máis claras e todo o esforzo na pista. Esta vez o partido foi noso tamén por 4 puntos, e a vitoria de Maristas sobre os visitantes deunos unha vitoria que nos permite soñar? o próximo?quen sabe.

BÁSQUET CORUÑA: Laura Ibánez, Marta Maior, Inés Ferreiro, Sara Lara, Noelia Martínez, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Carolina Varela, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño. Animaron ao equipo Sofía Cernadas e Inés Ferreiro.

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city