Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Equipos base | 30/04/2019 11:25

Crónica dunha enorme tempada anunciada?

Crónica de una enorme temporada ¿anunciada?

Martes 4 de setembro. A iso das 18:00 xuntabámonos na entrada da Normal, pais, xogadores e adestradores, sen ter claro do todo cales ían ser os seus adestradores/xogadores. O que vén sendo un primeiro día, vaia. Sorprendeume o poucos que eran (8), pero empezamos a debullar as normas do equipo desde o minuto 1, o que nunca nos pode faltar e o que lles vou a pedir; o innegociable. Ao longo desa semana e a seguinte empezan a chegar todos, pechándose o número en 12.

Tanto pais como nenos van comprendendo e respectando as normas que lles hei comentando, entre as que se atopan respectar aos nosos compañeiros e rivais, tentar dar sempre o máximo en entrenos e partidos, tentar faltar o menos posible aos adestramentos para ter un compromiso co grupo? hábitos de vida que lles serán útiles non só no que a deporte se refire. Logo está xa o de adestrar nos festivos e en fins de semana que non haxa xornada? "Está chalado" podía ler nas mentes dalgún dos pais. Outros, con máis confianza, dicíanmo abertamente. E con todo isto, puxémonos a rodar.

A mala sorte asexouse no noso camiño xa que fomos o grupo con menos equipos do inicio de tempada e só puidemos gozar de 3 partidos ata nadal, no que destacaría o partido contra Xiria da segunda xornada porque nos deron un aviso de que a tempada non sería fácil. Por sorte, conseguimos pasar de primeiros e competiriamos contra os primeiros e segundos dos 6 grupos que conformaban a liga coruñesa. Todo un reto que afrontamos con moita motivación.
Eles ían mellorando aos poucos, pero sobre todo íanse enganchando a este deporte tan marabilloso. As súas ganas de adestrar e xogar cada vez eran maiores e eu só podía desfacerme en eloxios ante o seu esforzo continuo, evidentemente con algunha rifa polo medio, claro.

Xa na segunda fase, comezamos xogando contra os nosos compañeiros do Básquet Coruña Ou9, que nos deron outro aviso para que estivésemos alerta. Aviso que se completou un par de semanas despois xogando contra Betanzos. A mala? sorte cruzóusenos de novo e, tras un triplo dos rivais a falta de 10 segundos, perdemos un partido que se antollaba crucial contra un rival directo para conseguir 1 dos 3 primeiros postos que outorgaba o dereito a xogar a fase galega. E? chegou o baixón. Momentáneo, iso si. O traballo do equipo fora encomiable e se seguiamos traballando así, non habería nada que reprocharnos. Démolo todo e o partido non caeu do noso lado; así de sinxelo.
Pero todo o negativo ten a súa parte positiva, e despois dunha semana de traballo moi grande, no seguinte partido puidemos ver unha das nosas mellores versións contra Xiria, equipo que nos puxo as cousas moi complicadas un par de meses antes. E como o gozamos.

A partir de aí o equipo tirou e tirou para arriba, enfrontándonos a diferentes rivais e sacando vitorias, mesmo contra Compañía de María, equipo que nos custou un mundo vencer e que nese partido a balanza se caeu do noso lado. Por só dous puntos.
Unha derrota avultada contra Culleredo animou ao equipo a seguir traballando para mellorar, e pechamos o noso segundo posto con vitorias contra Laracha, Golfiños de Sada e Artai.

E chegou o momento. Despois de 100 adestramentos, multitude de horas en pavillóns e 14 partidos; conseguímolo. Imos xogar contra l5 dos mellores equipos de Galicia benjamines, todo un orgullo para nós. Iremos en bus, comeremos xuntos, e gozaremos durante 3 semanas de 2 partidos nun día, nos que non haberá dúbida de que tentaremos facelo o mellor que podamos. O premio témolo xa, que é gozar a experiencia. Se chega algo máis? seguiremos gozando.
Como me di moitas veces un adestrador amigo e referente, "seguiremos soñando"; seguiremos soñando ata que alguén nos diga "basta", e nin aínda así deixaremos de facelo.

Moitas grazas a todos os equipos e clubs rivais que nos permitiron chegar ata aquí e mellorar; Santa María del Mar, Xiria, Calasanz, Artai, Santo Domingo de Betanzos, Cambre, Compañía de María, Culleredo, Obradoiro, Laracha, Jesuitinas e Golfiños.
Moitas grazas tamén ao club Básquet Coruña pola posibilidade de poder adestrar e poder gozar de moitas horas en pavillóns para poder facer o que máis me gusta e tentar contaxiar a uns ananos esta paixón.

Moitas grazas ás familias por acompañarme nesta tolemia semana tras semana, por apoiar e por traer aos seus fillos. Todo isto é mérito voso tamén.

Finalmente agradecelos a eles, os protagonistas, por vir día tras día con paixón para adestrar e por aguantarme todas as semanas as miñas rifas, os meus exercicios errados, as miñas equivocacións? Todos estamos a aprender e con cada erro, convertémonos en mellores. Gocemos o premio e aprendamos desta experiencia.
1,2,3? LARANXAS, LARANXAS, LARANXAS!!!!
GRAZAS.

Gabi- 99 Pablo- 93 Loren- 90 Joaquín- 88 Lucas-81 Iago-80
Juan Andrés- 79 Alfonso 78 Anxo- 77 Fabián- 76 Gael- 75 Nico- 4








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro