Crónica do último partido do Basquet Coruña Ou13

Este xogo noso do balón laranxa é de Playoff e de final a catro, e máis en maio! Aínda que no calendario figuraba o último partido de liga regular...
Os nosos mozos do Ou13 non ían ser menos!

Viaxaron os preinfantiles a Marín na última xornada a disputar unha final. O equipo que saíse vitorioso alzaríase coa terceira praza e asociada a esta unha praza na liga Galega Infantil da tempada 18-19.
O partido foi como ten que ser unha final. Moita tensión, nervios, disputado e ademais con remontada dos nosos.

O Ou13 empezou demasiado nervioso e a diferenza foise facendo máis grande para os de Marín. Ao final do primeiro cuarto 3 puntos, ao descanso 8, e no terceiro cuarto chego a ser de case 20 puntos. Ata aí. Con pouco máis dun cuarto por diante os mozos quitáronse de encima os nervios e remontaron para terminar o terceiro cuarto a 11 puntos. E no último cuarto un 10 a 23 que pechaban os nosos cun roubo de balón e unha entrada a canastra a falta de poucos segundos para terminar. Marín dispuxo dunha última posesión que defendemos con uñas e dentes e a partir de aí a celebrar o conseguido, incluíndo a "invasión de campo" dalgún irmán feliz.

Dar o parabén polo ano a todo o equipo Izan, Xiao, Mauro, Richi, Pablo, Anxo, Miguel, Nico, Teo, Nahuel e Rubén (Na foto empezando polos que están de pé e de esquerda a dereita). Parabén polo resultado, pero máis aínda polo traballo, a actitude e a progresión como consecuencia de todo. Despois deste ano sodes mellores persoas e ademais xogades algo mellor ao baloncesto.