Crónica Campionato de España Júnior: 1ª Xornada

Debutaban os nosos ante o favorito do grupo, o Easo de San Sebastián, equipo de ampla tradición, con xogadores moi físicos e que nesta tempada fora capaz de derrotar a Baskonia en dúas ocasións. Os vascos foron capaces de dominar o partido de principio a fin, grazas ao seu dominio do rebote e a un excelente traballo defensivo sobre os nosos xogadores.

Os nosos saíron intensos, pero en ataque tentabamos realizar tiros precipitados e como non eramos capaces de anotar, minaban nosa moral o que nos fixo baixar as prestacións defensivas no segundo cuarto. Ao descanso un merecido 21-40 para os vascos.

Melloraron os nosos mozos na segunda parte, pero seguiamos sen estar acertados desde a liña de persoal e desde a longa distancia, pero polo menos os nosos conseguían equilibrar algo a balanza no rebote e non permitian aos vascos correr, e o parcial desta segunda parte arroxou un máis equilibrado 29-34.

Felicitar ao equipo donostiarra quen deixou unhas grandes sensacións no parqué, e esperar que os nosos sexan capaces de mellorar o seu rendemento no que queda de campionato.