Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Equipos base | 17/05/2018 17:10

Crónica benjamin feminino: Péquelas fanse xigantes

Crónica benjamin femenino: Las peques se hacen gigantes

O fin de semana pasado o BC Leyma Ou10 afrontaba a súa segunda concentración da liga Galega benjamín, nunha xornada que lle enfrontaba pola mañá a Montrove, equipo que quedou campión de Liga e que se mostrou como o equipo máis forte na primeira concentración; e a Cluny, equipo ao que xa gañaran no primeiro partido desta fase galega, pola tarde.

As mozas de Básquet Coruña sabían que lles esperaba un día intenso de baloncesto, que empezaron recibindo a visita e os ánimos do seu padriño Larry Abia durante o quecemento do partido e do capitán do primeiro equipo Anxo Hernández unha vez empezado o mesmo. Isto axudounas a dar un punto máis de enerxía e o seu habitual animado xogo.

A pesar de xogar cun rival superior fisicamente, pola idade das xogadoras, as nosas mozas empezaron o partido super intensas en defensa e enchufadas en ataque, non deixando ás de Montrove atacar con comodidade en ningún momento, defendendo forte, roubando moitos balóns e correndo ao contraataque, para conseguir anotar moitas entradas a canastra. Todas as nenas estiveron super atentas e esforzándose a lume de biqueira por axudar ao equipo en defensa e sendo xenerosas en ataque e esa foi a clave do partido, que foron un equipazo no que todas achegaban moito.

Tras gañar pola mañá a Montrove e sen case tempo para descansar, afrontaron o seu partido da tarde contra Cluny, seguindo na mesma liña que pola mañá, xogando con enerxía, axudándose todas, moi activas en defensa e xogando máis separadas que en partidos previos, o que lles axudou a que nesta ocasión xogasen con máis facilidade pasándose ben o balón para que tirase en cada momento a que estaba máis soa e nunha mellor posición para facelo. Ademais ao xogar separadas, deixando libre o corredor da xogadora con balón ao aro, puideron verse 1x1 moi bonitos que fixeron vibrar á bancada.

Dúas vitorias, que sumadas á conseguida na primeira concentración deixan ás nosas mozas en segunda posición, con todo por decidir na 3º e última concentración, na que terán que xogar contra Culleredo pola mañá (en Agra 2 ás 10:00) e contra Montrove (no pavillón do Burgo ás 16:00) este domingo; os dous rivais a priori máis fortes polo visto nos partidos precedentes e por estar formados por xogadoras de segundo ano. Pero como xa demostraron nos partidos anteriores nosas mini guerreiras non llo van a pór nada fácil e competirán con todas as súas enerxías, tentando demostrar todo o que traballan día a día e sobre todo gozando xuntas desta gran experiencia que está a resultar ser a liga Galega.

O BC Leyma Ou10 fórmano: Carolina, Rayane, Inés, Antía, Marta Novás, Marta Cortés, Marta Pérez, Irene, Pomba, Cris, Abril, Esperanza, Idoia e Clara. Estiveron apoiadas desde o banco polas súas compañeiras de adestramento Irene e Teresa e os alevíns Carla e Irene Pan. Adestradoras: Iria Uxía e Daniela.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro