Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Equipos base | 20/04/2016 17:59

Crónica Alevín Masculino 04: Visita ao Club Baloncesto Ría de Ribadeo

Crónica Alevín Masculino 04: Visita al Club Baloncesto Ría de Ribadeo

Nunha instalación das que dá gusto xogar, saían os dous equipos co obxectivo de dar protagonismo aos ataques por encima das defensas. O xogo desenvolvíase cun intercambio constante de canastras, os herculinos tentaban frear sen éxito ao nº 7 local que con 13 puntos neste sexto e 38 ao final do encontro convertíase no principal recurso ofensivo dos ribadenses. Os laranxas facían viaxar con velocidade o balón e enlazaban boas acciones pero varios erros en tiros aparentemente sinxelos impedíalles ir por diante no marcador. No segundo período repetíase a tónica do inicio, pero esta vez era o xogador nº 16 con 12 puntos neste tramo, 26 no global, o que provocaba os quebradizos de cabeza na defensa dos visitantes. Chegábase así ao final dos primeiros 16 minutos con 30 - 26 no marcador. No terceiro período os coruñeses atascábanse en ataque, tan só Miguel López con dous triplos e unha canastra lograba sumar para os laranxas o que permitía aos locais porse con 14 puntos de vantaxe (48-38).

Tras o descanso os herculinos saían máis centrados en defensa pero moi erráticos de face ao aro rival a pesar do cal lograban reducir a diferenza a 6 puntos, pero 5 tantos consecutivos no último minuto do período por parte dos azuis deixaba o electrónico en 55 a 44. No 5º tempo saían os locais cunha zona press que collía por sorpresa aos visitantes e provocábanlles un torrente de erros que acabaría cun parcial de 17-3 en apenas 5 minutos, un parcial ao cabo definitivo. Botaron o resto os laranxas no último período arriscando ao máximo en cada acción defensiva tentando recuperar balóns imposibles que en moitos casos traducíanse en canastras fáciles para os locais que lograban así manter a súa vantaxe ata o resultado final de 92 a 67. Boas sensacións para os coruñeses a pesar do marcador desenvolvendo un estilo de xogo alegre no que cada vez senten máis a gusto.

Resultado e parciais: 92 - 67 (16-12, 14-14, 18-8, 7-10, 20-7, 17-16)

Este sábado ás 18:00 horas no Agra II o Básquet Coruña xurará co Culleredo co que comparte a 4ª praza do grupo ambos con 1 vitoria e 3 derrotas.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro