Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Levitec Huesca - Leyma Coruña · 18/10/2019 21:00 Huesca || Senior Fem. 2ªDiv: C.B Laracha Novafacial - Basquet Coruña Leyma S · 20/10/2019 17:00 IES Agra de Leboris || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña S - Dimolk Xiria Artai · 19/10/2019 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: GPO.Pelé Terracha - Idefic Imatia Básquet Coruña · 18/10/2019 21:00 -- || Junior Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U18 - Básquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Junior Fem. 1ªDiv: Compañía de Maria- Vigo - Básquet Coruña Leyma J · 19/10/2019 16:00 Compañia de Maria-VIGO || Junior Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria - Básquet Coruña U17 · 20/10/2019 17:00 Compañía de Maria - Coruña || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - Basquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña Leyma C · 19/10/2019 17:00 Canide-Mera || Cadete Masc. 1ªDiv: CB Ría de Ribadeo - Básquet Coruña C · 20/10/2019 12:00 Pabellon Grande de Ribadeo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 - KFC Culleredo · 20/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Básquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 - BV Asesores Los Rosales · 19/10/2019 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Basquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Montrove · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Basket School · 19/10/2019 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña Leyma U13 · 19/10/2019 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Peleteiro · 20/10/2019 12:00 Montouto || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Peleteiro · 20/10/2019 12:00 Montouto

Equipos base | 30/05/2016 16:58

Crónica Alevín Masculino 04: Pechamos a tempada con vitoria en Culleredo

Crónica Alevín Masculino 04: Cerramos la temporada con victoria en Culleredo

Este pasado domingo terminaba a competición oficial, de primeira división alevín masculina, para o Básquet Coruña e os coruñeses despedírona con vitoria na cancha do Culleredo.

Pechaban a herculinos a liga na mesma cancha e contra o mesmo rival co que a empezaron fai cinco meses, naquela ocasión os laranxas saían derrotados por un claro 56 a 88, pero chegaban á pista do Burgo co obxectivo de medirse a si mesmos e tamén de dedicar a última vitoria á súa incondicionable afección.

Arrincaba o encontro cun xogo trepidante no que os refachos anotadores de ambos os conxuntos alternábanse constantemente, sendo o último parcial de 8 ? 0 a favor do Básquet Coruña que os deixaba por diante ao final do primeiros oito minutos (12 ? 16). O segundo período sería o peor en anotación para os visitantes que vían como os cullercenses igualaban o partido a 22 puntos con dúas canastras e 6 acertos consecutivos desde a liña de tiros libres. Retomaba a vantaxe de novo o Básquet Coruña, no terceiro período, para irse ao descaso 32 a 38 a favor dos laranxas.

Tras a paréntese mantíñase a dinámica, ambos os equipos intercambiaban canastras o que permitía aos coruñeses manter a dianteira ata o inicio do quinto período no que un parcial de 13 ? 2 a favor dos locais puña o marcador cun 56 a 50 a favor do Culleredo. Pero os coruñeses aguantaron a compostura recuperando aos poucos o parcial para acabar este quinto período cunha diferenza de só dous puntos. Entrábase no sexto e último tramo do encontro con todo por decidir.

Un parcial de 11 ? 2 a favor dos laranxas puña aos coruñeses con seis puntos de vantaxe a falta de dous minutos para a conclusión, un triplo e unha canastra dos locais deixaban a diferenza en tan só un punto, pero os herculinos non se engurraban e anotaban dous puntos para subir a diferenza a 3. Unha boa defensa dos herculinos axudaba a recuperar un balón que sabía a gloría e en ataque lográbase unha falta persoal que lles outorgaba dous tiros libres a falta de menos de 10 segundos para a conclusión. Roberto anotaba o primeiro para pór a vantaxe en catro puntos, erraba o segundo, e o rebote caía en mans do Culleredo que tentaría un lanzamento máis pero xa sen apenas tempo para evitar que os coruñeses levasen a vitoria. Resultado final de 69 a 73 nun encontro emocionante no que todos os xogadores do persoal coruñés anotaron e sumaron.

Resultado e parciais: 69 ? 73 (12-16, 10-6, 10-16, 11-10, 19-12, 7-13)

Xogaron polo Básquet Coruña: Xabier, Miguel Suárez, Santiago, Miguel López, Daniel, Mateo, Alejandro, Roberto, Miguel Fojo, Victor.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro