Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Equipos base | 20/05/2016 17:04

Crónica Alevín Masc. 04: Visita a Narón para sumar unha nova vitoria

Crónica Alevín Masc. 04: Visita a Narón para sumar una nueva victoria

Viaxaban os laranxas con numerosas baixas, pero somos Club e acudiron Rubén, Jacobo e Jorge, do Básquet Coruña 05, para suplir aos seus compañeiros ante un Narón que vén de menos a máis na competición. Saíron os naroneses coa clara intención de levar o encontro, con defensa a toda cancha e accións dun por un, tomaban a iniciativa coas primeiras canastras do encontro, non tardaron en responder os coruñeses facendo uso das mesmas armas e póndose por diante no electrónico para finalizar o primeiro período cunha vantaxe de 6 puntos (8-14). Pero os locais non deixaban escapar aos herculinos e a base de pulo aguantaban o envite pechando o segundo período cun parcial de 14-9 que deixaba a diferenza en tan só un punto. Aínda se igualaban máis as cousas ao comezo do terceiro tempo chegando a un empate a 29 puntos a falta de 4 minutos para o descanso, pero foi aquí onde os coruñeses conseguiron o seu mellor parcial e cun 18 a 3 lograban irse ao intermedio con 15 puntos de vantaxe 32 - 47.

Os primeiros minutos do 4º período eran para os visitantes que aumentaban a súa vantaxe ata case a vintena de puntos pero os naroneses tentaban manter a diferenza e recortaban nos últimos minutos para deixar o marjen en 16 puntos, repetíase o guión no 5º parcial e novamente no 6º no que os locais chegaban a porse a 11 puntos a falta de 3 minutos para o final. Un minuto de reflexión no banco bastou aos coruñeses para recompor a compostura e finalizar o encontro cun resultado favorable de 60 a 73.

Resultado e parciais: 60 - 73 (8-14, 14-9, 10-24, 7-8, 6-6, 15-12)

Xogaron:

Narón: Váquez, Morante M., Fernández M., Rodríguez V., Couce P., Ferreira N., Couce M., Santabaya R., Mardaraz U., Rodríguez E., Rodeiro B., Carro R.

BC: Rubén, Xabier, Miguel Suarez, Miguel López, Daniel, Alejandro, Jorge, Miguel Fojo, Victor, Jorge.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro