Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Equipos base | 07/03/2017 16:54

Crónica Alevín 2ª división Basquet Coruña 05: Seguimos traballando niso

Crónica Alevín 2da división Basquet Coruña 05: Seguimos trabajando en ello

O sábado estaba citado o equipo para gozar dunha nova oportunidade para pór sobre a pista o que día a día imos aprendendo.

O partido foi moi disputado, cun comezo dos laranxas moi bo, levando a cabo o que nos propuxemos, traballando ben, tanto defendendo a súa canastra, sendo xenerosos no esforzo, e non pecando como noutras ocasións nas transicións cara ao noso campo, axudando ao compañeiro e por tanto ao equipo, como atacando a do adversario, tentando levar ao campo de ataque o balón mediante distintos tipos de pases e cos botes xustos e necesarios, o que fixo que ao final dos primeiros 3 sextos fósemos por diante no marcador.

O bo traballo do equipo de Arteixo, fixo que o marcador aos poucos fose decantándose cara aos seus intereses, con bos e rápidos ataques e o pouco acerto dos nosos.
Outro partido no que podemos dicir que se sumou, por parte de todos. Hai que seguir así, corrixindo erros e aprendendo como esponxas nos adestramentos.

Felicitar tanto ao CB Arteixo como aos nosos xogadores polo partido e porque se ve que os xogadores de ambos os equipos teñen moito interese en seguir aprendendo día a día.

CB Arteixo 45

Basquet Coruña 05 31

Xogaron : Anxo Martínez, Tomás Alonso, Xiao Losada, Erik Galán, Manrique Pinilla, Nahuel Devesa, Jorge Ferreiros, Alex Bernabé, Román Prego, Izan Orons









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro