Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 05/10/2016 12:25

Crónica 2ª Xornada Infantil Feminino 1ª División

Crónica 2ª Jornada Infantil Femenino 1ª División

"Walk on, walk on

With hope in your heart

And you'll never walk alone

You'll never walk alone".

(Rodgers & Hammerstein)

Marca un día no calendario. Elixe de que cor queres xogar. Agora pide un desexo ...mmm... quero que me salga o que sei facer, e gozar. Acéndense as luces, soa a música e estás en Riazor, pero a tí paréceche que estás a xogar dentro da Caldeira de Taburiente, porque aquilo é unha pota a presión coa bancada a rebentar e todo o mundo mirándoche.

Hoxe hai traballo. Dez dispoñibles e doce gargantas preparadas. Visítanos Giraldo, "xa que vos metestes esta malleira de viaxe a ver se gañades", espeta unha nai. Nós non somos 12, somos multitude.

Empeza o partido e alí vanse sucedendo os erros e os acertos nunha toma e daca permanente no que sen propor un xogo moi consistente imos mandando timidamente no marcador. 10-10 no primeiro cuarto e 10-8 no segundo, pero aparece o fantasma en forma de lesión. Cae Inés e cámbianos a cara. Vémonos pequenas sen o corazón na pista. A bancada reacciona, hai que volver ser un.

No descanso tentamos recompor o xesto pero xa non cremos da mesma maneira. O 11-17 do terceiro cuarto e esa caída libre máis que previsible condénannos no marcador, e vemos como se vai distanciando o rival sen facer nada diferente. A presión final puxo a puntilla e o 4-14 reflectiu o cansazo acumulado polo esforzo físico e mental deste dalo todo que temos, aínda cando a intres volvemos ser o pito sen cabeza que é calquera equipo que se está axustando. Só que esta vez non estivemos soas, cando nos adoitemos á luz dos focos devolverémosvos todo o que gritastes para nós!

BÁSQUET CORUÑA (10+10+11+4) 35: Laura Ibánez, Inés Ferreiro, Sara Lara, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño. Animaron ao equipo Sofía Cernadas e Sara Añón.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.

GIRALDO CBV (10+8+17+14) 49: Agra, Rodríguez, Touza, Rei, Rodríguez, Oubiña, Santaya, Ouro e Tarrío.

Adestradores: Quintáns e Rodríguez.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city