Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 17/11/2016 12:23

Crónica 1ª División Senior Masculina: Xiria arrebátanos a condición de invictos

Crónica 1ª División Senior Masculina: Xiria nos arrebata la condición de invictos

Xiria Carballo visitaba a polideportiva e impúxose con xustiza nun partido no que os visitantes foron superiores e, ademais, tiveron un enorme acerto no tiro de tres. Unha das claves estivo seguramente no primeiro cuarto, no que bos lanzamentos dos nosos feitos desde as posicións desexadas non entraron e iso foi restando confianza ofensiva ao equipo que ademais distou moito de estar ao seu nivel defensivo adoitado.

Ao final 49-64 tras parciais de 10-17, 17-15, 6-17 e 16-15.

Agora toca visita á difícil cancha de Cambre nunha xornada, a quinta á que chegamos colíderes e que suporá unha proba de personalidade para o equipo. Un equipo que debe aprender a afrontar estas situacións para crecer e sumar experiencias a un grupo moi novo formado esencialmente por seniors de primeiro e segundo ano.

A cita será no pavillón de Cambre, o vindeiro domingo 20 ao sete da tarde.

Basquet Coruña 49: Martín Belo 10, Pablo Pizarro 12, Martín Montero 5, Rubén Rei 15, Mateo Goday 2, Asier Comendeiro 5, Óscar Pérez, Diego Xusto, Darlyng e Iago .

Adestradores: Chiqui Barros, Hugo Fernández

Xiria Carballo 64: Argüelles 18, Añon 2, Guillamet 4, Manu Rei 14, Roi 3,Anxo Estany , Fran 2, Tato 13,Luís 4, Moreira 7

Adestradores: Arturo Ferraces, Iván Villaverde








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city