Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Club Balonceto Cambre - Básquet Coruña S · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Sofía Toro || Senior Masc. 3ªDiv: BV Asesores Los Rosales - Idefic Imatia Básquet Coruña · 22/02/2020 18:00 Los Rosales || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 22/02/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Liceo La Paz - Básquet Coruña U17 · 22/02/2020 10:00 Colegio Liceo La Paz || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - KFC Costa Artabra · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Sat On Service Montrove · 21/02/2020 17:45 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Vistaoptica Basket Ferrol · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - KFC Culleredo Azul · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña U16 · 23/02/2020 17:00 Polideportivo Sofía Toro || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Dominicos Cadete Masculino · 23/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U13 · 25/02/2020 12:00 Pazo Anexo 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Santa Maria del Mar Benjamín Fem Azul - Básquet Coruña Leyma U10 · 22/02/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Santo Domingo Betanzos 11 - Básquet Coruña U10 · 23/02/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - CD Rosalse EPB 10 · 21/02/2020 18:00 Polideportivo Agra II || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U10/9 - Culleredo · Aprazado

Primer equipo | 25/03/2017 00:38

Contundente derrota do Leyma Coruña ante un Café Candeas Breogán moi superior

Contundente derrota del Leyma Coruña ante un Café Candelas Breogán muy superior

Contundente derrota do Leyma Coruña esta noite en Lugo (104-73) ante un Café Candeas Breogán que foi superior en todos os aspectos do xogo e que con esta vitoria reforza as súas aspiracións a finalizar a liga regular no primeiro posto da táboa, aínda que para iso dependa dun tropezón do Retabet.es GBC.

Aínda que a ambos os equipos custoulles estrearse no marcador, no terceiro minuto comezaron a chegar os primeiros puntos dun conxunto local que ía afinando o seu xogo mentres que aos laranxas custáballes atopar o ritmo e o acerto.

Un prolegómeno do que sería o resto do partido, cun Café Candeas Breogán que sempre ía por diante, acrecentando a súa confianza e redobrando con ela a efectividade do tiro. Mediado o segundo cuarto os locais chegaron a escaparse a 24 puntos de distancia, aínda que os de Tito Díaz non querían irse do partido e lograron limar a diferenza para chegar ao descanso a 48-30. Pero o certo é que non era a noite do Leyma Coruña, nin en solidez defensiva, nin en rebote, nin en solucións ofensivas. E aínda que a volta de vestiarios os coruñeses tentaron imprimir máis agresividade e intensidade no xogo, só lograron achegarse a 14 puntos dun rival no que brillaron especialmente o pivote Iván Cruz e o beirado recentemente incorporado Thomas Bropleh.

Na rolda de prensa posterior, o adestrador Tito Díaz felicitou ao conxunto lucense e á súa afección pola súa merecidísima vitoria. "Desde o minuto uno ao corenta superáronnos en todas as facetas do xogo, en intensidade, actividade, desexo, acerto, ritmo, e nós non estivemos no partido", sinalou. O técnico laranxa tamén felicitou aos seus xogadores pola súa traxectoria na actual competición: "somos un club e un equipo modesto e estamos a pelexar coma se fósemos grandes", asegurou, engadindo que hoxe os trataron como tales "porque case o somos, e o mal partido de hoxe vén porque nos gañamos o respecto da liga".

Tras asegurar que dos 29 partidos disputados "hoxe é o primeiro que non competimos", subliñou que os seus pelexaron e non baixaron a cabeza a pesar da avalancha breoganista. "Hoxe é un día triste para nós pero á vez é un día feliz para min como adestrador porque me dei conta do ben que o estamos facendo en toda a liga", indicou. Así mesmo, desexou ao Café Candeas Breogán o seu pronto e merecido ascenso a ACB, e tivo palabras especiais para o máis dun centenar de afeccionados laranxas que acompañaron ao equipo ata Lugo e para todos os coruñeses que acoden aos partidos de Riazor, porque "é importantísimo todo o que nos están dando".

Finalizou reiterando a mensaxe que acababa de trasladar aos seus xogadores: "isto é un accidente pero afortunadamente non hai vítimas, agora imos descansar e a volver adestrar".

Porque a liga segue e o vindeiro domingo 2 de abril ás 12:30 o Leyma Coruña mídese en Riazor ante outro óso duro de roer, a Unión Financeira Baloncesto Oviedo. Con seis xornadas de fase regular por diante queda moito por dicir. E por crer. #sentimentolaranxa

Audio Tito Díaz









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city