Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Chocolates Trapa Palencia · 17/11/2019 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Senior Fem. 2ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - ZABBA Zapateria Otero Caritón · 16/11/2019 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña S - Oleiros · 16/11/2019 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: KFC Culleredo - Idefic Imatia Básquet Coruña · 17/11/2019 19:00 Pabellón O Burgo || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - CB Arteixo Duacode · 15/11/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Junior Fem. 1ªDiv: Colexio Mariano - Básquet Coruña Leyma J · 17/11/2019 17:00 Marcote, Vigo || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U17 - Club Baloncesto Cambre · 17/11/2019 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Liceo La Paz - Básquet Coruña U18 · 16/11/2019 16:00 Col. Liceo La Paz || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Compañía de Maria · 16/11/2019 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 17/11/2019 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Maristas Champagnat - Básquet Coruña Leyma U15 · 17/11/2019 10:00 Col. Maristas || Cadete Masc. 2ªDiv: Turismo Carballo Artai EBX - Básquet Coruña U15 · 16/11/2019 10:00 Vila de Noia - Zona Escolar || Cadete Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U16 · 16/11/2019 12:00 Canide- Mera || Cadete Masc. 2ªDiv: Esclavas - Basquet Coruña U16/15 · 16/11/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Estudiantes Lugo Leyma Natura · 16/11/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Club Tirso de Molina - Básquet Coruña U13 · 16/11/2019 18:00 Col. Tirso de Molina || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Dominicos U12 · 17/11/2019 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Compañía de Maria Azul · 17/11/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Acad. A Mariña Burela - Básquet Coruña Leyma U13 · 17/11/2019 12:00 Vista Alegre || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ACB Costa da Morte · 17/11/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - KFC Culleredo · 16/11/2019 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Montrove · 17/11/2019 10:00 Polideportivo Riazor 1 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Eiris U11 - Básquet Coruña U12/11 · Suspendido || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U13/14 - Carniceria Daniel Artai EBX · 17/11/2019 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Santa Maria del Mar Alevín - Básquet Coruña U11 · 17/11/2019 17:30 Sagrada Familia P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Alevín - Golfiños · Suspendido || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Santa Maria del Mar Alevín Femenino A - BC Montespiño Alevín · 17/11/2019 19:00 Sagrada Familia P-3 || Minibasquet Mixto 2ºDiv: BC Eusebio da Guarda Alevín - Jesuitinas A · Suspendido || Infantil Fem. 2ªDiv: BC Montespiño Infantil - Obradoiro Fem 2º Año · Suspendido || Premini Fem. 2ºDiv: Santa Maria del Mar Benjamin Fem Blanco - Básquet Coruña Leyma U10 · 17/11/2019 19:00 Sagrada Familia P-2 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - Santo Domingo de Betanzos 10 · 16/11/2019 10:00 Polideportivo Agra II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U11 - Jesuitinas B · Suspendido || Infantil Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Infantil - Clinica Dental Noa Garcia Xiria · 16/11/2019 10:00 Polideportivo Elviña II || Infantil Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode 1 - Básquet Coruña Inf U14/13 · Aprazado

Actividades | 09/04/2017 17:30

Continúan as sesións de tecnificación con Charlie Uzal e xogadores LEB Ouro

Continúan las sesiones de tecnificación con Charlie Uzal y jugadores LEB Oro

Desde o inicio do ano ata o mes de xuño, membros do corpo técnico e persoal do primeiro equipo do club fan oco nos seus compromisos da liga LEB Ouro para impartir as sesións de tecnificación programadas para os equipos da base do club nas categorías de infantil, cadete e junior. De febreiro a abril, once do quince equipos existentes xa participaron nesta actividade posta en marcha na pasada tempada.

Antes e despois do parón de Semana Santa, os conxuntos que se están beneficiando da experiencia dos deportistas profesionais do Leyma Coruña son o Básquet Coruña cadete masculino, Básquet Coruña 02 cadete masculino, Básquet Coruña infantil masculino e Básquet Coruña Preinfantil masculino.

O preparador axudante do equipo LEB Ouro Charlie Uzal dirixe todas as sesións e nelas conta co apoio dun ou dous xogadores do Leyma Coruña. Ata o momento participaron Sergio Olmos, Javi Lucas, Tuti Sabonis, Joan Creus, Kyle Rowley, Justin Johnson, Filip Djuran e Larry Abia, ademais dos propios adestradores habituais de cada equipo, e de aquí ao final de curso desfilarán o resto de xogadores.

En febreiro, as formacións participantes foron o Básquet Coruña junior masculino, Básquet Coruña 00 junior masculino e Básquet Coruña 00B junior masculino, mentres que no mes de marzo foi a quenda do catro equipos femininos destas categorías, é dicir, Básquet Coruña Leyma Junior feminino, Básquet Coruña Leyma cadete feminino, Básquet Coruña Leyma infantil feminino e Basquet Coruña Leyma 04 infantil feminino.

Entre maio e xuño está previsto celebrar esta actividade cos equipos pendentes, que son o Básquet Coruña 01 cadete masculino, Básquet Coruña 02B cadete masculino, Básquet Coruña 03B cadete masculino e Básquet Coruña 04B cadete masculino.

A experiencia dos profesionais ao servizo da cualificación técnica da base

As sesións de tecnificación con membros do equipo profesional do Club puxéronse en marcha a pasada tempada como ferramenta para mellorar a preparación técnica dos xogadores laranxas da base desde infantil a junior e desenvólvese no Polideportivo de Elviña 1 os xoves de 19:00 a 20:00 horas. Cada un dos equipos, repartidos en diversos grupos de adestramento, participan en tres sesións xeralmente en semanas consecutivas, segundo o calendario establecido ata o mes de xuño.

A actividade enmárcase na filosofía do Club Básquet Coruña de potenciar as relacións entre as diversas categorías da entidade, profesionais e base, fomentando as sinerxías como vía para mellorar a cualificación técnica de todos os xogadores e preparadores da familia laranxa, á vez que se fortalece o sentimento de pertenza e a identificación co proxecto do Club.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro