Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 01/03/2020 21:33

Compacto

Compacto

Se hai un adxectivo que cualifique ao Leyma Coruña desta tempada, é compacto. Non hai dúbida de que o traballo individual é fundamental, pero saber coordinarse e encaixar en conxunto é clave. E iso foi o que ocorreu no derbi desta tarde fronte a Marín Ence Peixe Galego. De novo a boa sintonía coral deu a vitoria ao conxunto laranxa.

Comezou o encontro con maior intensidade dos locais, pero cos marinenses sen deixar pasar a oportunidade de plantarlle cara ao terceiro clasificado. Así, durante o dez primeiros minutos, con moita intensidade, o encontro marcou un resultado de 19-16, cun triplo sobre a bucina de Gaizka Maiza, sendo o primeiro do partido.

No cuarto previo ao descanso, todo foi ?cor laranxa? para o Leyma Coruña. Sendo quen de distanciarse no marcador, cun parcial de 19-0 (35-16) e marchando aos vestiarios cun 41-28 no marcador e co partido de face.

Con todo, á volta do descanso, non todo foi tan fácil como parecía. Os marinenses sobrepuxéronse ás dificultades e aos poucos fóronse achegando no marcador, cun 56-45 a falta de 10 minutos.

Pero o conxunto laranxa non quería deixarse vencer e co gran traballo en defensa que caracteriza ao equipo, foi capaz de lograr a vitoria, número 15 da tempada, cun 68-60, e que lle asegura unha semana máis a terceira posición.

O próximo encontro será o sábado 7 de marzo ás 18:30 horas fronte a Liberbank Oviedo en terras asturianas.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city