Club Basquet Coruña SAD, presenta unha solicitude de Expediente de Regulación Temporal de Emprego

A Coruña, 20 de marzo de 2020.- O Consello de Administración do Club Básquet Coruña
SAD considerando o conxunto de medidas legais dos últimos días que se detallan a
continuación:

? a situación de Estado de Alarma decretado coa publicación do Real decreto
463/2020 de 14 de marzo.

? o adiamento indefinido da disputa dos partidos correspondentes ás
categorías inferiores do Club establecido no día de hoxe pola Federación Galega
de Baloncesto (FEGABA).

? a suspensión temporal da LEB OURO, polo menos ata o 29 de marzo establecido
pola Federación Española de Baloncesto (FEB).

? as medidas adoptadas desde o pasado 13 de marzo tanto polo Concello de A
Coruña como pola Xunta de Galicia, decretando o peche de todas as instalacións
deportivas e colexios,

provoca que o Club non poida realizar ningunha das súas actividades. Adicionalmente, o
Consello de Administración considerando o Real Decreto-lei 8/2020 de 17 de marzo de
medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do
COVID-19, estimou que a presentación dunha solicitude de Expediente de
Regulación Temporal de Emprego (ERTE) por causa de forza maior é a única forma
de salvagardar a continuidade do Club e os seus empregados para o momento en que se
poidan renovar as actividades. O ERTE afectará á maioría dos empregados do
Club, incluíndo aos adestradores das categorías basee e aos compoñentes do
equipo LEB Ouro.

En relación coa competición LEB OURO, o Club manifesta que as medidas adoptadas
pola Federación Española de Baloncesto (FEB) están a ser adecuadas na situación
actual. Entendemos que o razoable é tratar de esgotar todas as posibilidades de
continuación da competición para que se poida finalizar a mesma nalgún momento
futuro, de forma que tanto os ascensos a liga ACB como os descensos a LEB prata se
poidan disputar nas canchas de xogo, independentemente de que as circunstancias
futuras poidan chegar a impedir a continuación da competición.