Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 04/10/2017 17:30

Causas sociais, entidades e asociacións terán o seu espazo nos partidos do Leyma Coruña

Causas sociales, entidades y asociaciones tendrán su espacio en los partidos del Leyma Coruña

Unha nova tempada e unha nova posibilidade de traballar con diferentes colectivos para dar visibilidade. Iso é o que se espera de dúas iniciativas que desde o club vanse a pór en marcha, e nas que se quere colaborar con diferentes asociacións e entidades.

Programa "17 partidos, 17 causas" promovido pola Obra Social ?a Caixa?

Desde este proxecto preténdese que en cada partido do equipo LEB como local no Palacio dos Deportes de Riazor se de visibilidade a unha entidade ou causa social que teña repercusión co seu traballo na cidade. Como ben di a nomenclatura do programa, temos 17 posibilidades de mostrar a todos os afeccionados e afeccionadas, así como aos medios, as diferentes causas sociais que levan a cabo na Coruña.

Actuacións nos partidos

Esta é unha colaboración que vén realizando xa en campañas anteriores. Nela, todos aqueles clubs, entidades ou asociacións que traballen con nenos, novos ou outros colectivos ,teñen a posibilidade de realizar unha actuación no descanso dos partidos do equipo LEB. Grupos de baile, clubs deportivos, etc.? foron os participantes noutras campañas.

Desde o Club Básquet Coruña e dentro do seu traballo en Responsabilidade Social Corporativa, quérese seguir innovando a este respecto e creando programas de colaboración con diferentes entidades e asociacións, cuxos propios proxectos teñan un grao de implicación importante con causas sociais e colectivos tales como a infancia, a mocidade e a diversidade funcional.

Todas aquelas entidades, asociacións ou grupos de ámbito deportivo ou non, que desexen participar e colaborar nalgún dos programas poden porse en contacto co club.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro