Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 22/02/2016 16:39

Carlos Cortés, nas xornadas para adestradores que organiza o Club Básquet Coruña

Carlos Cortés, en las jornadas para entrenadores que organiza el Club Básquet Coruña

O coñecido árbitro internacional Carlos Cortés mostrará mañá a súa faceta como adestrador dentro das xornadas de formación que o Club Básquet Coruña organiza para técnicos de baloncesto baixo o título "E ti como adestras?".

A sesión, que terá lugar na Polideportiva de Riazor 2 ás 22:30 horas, abordará o tema da "Estrutura defensiva: conceptos individuais e colectivos" da man deste deportista coruñés que compatibiliza o seu traballo como colexiado da liga ACB e da Euroliga co de adestrador do infantil feminino do Club Maristas da nosa cidade. Concretamente, onte domingo formou parte do terceto de árbitros que dirixiron o partido da final da Copa do Rei de Baloncesto no Coliseum da nosa cidade.

Os interesados en asistir á xornada formativa poden inscribirse a través do correo club@basquetcoruna.es e o teléfono o Club, o 981 264 022. Do mesmo xeito que o resto de xornadas do ciclo "E ti como adestras?", a entrada é gratuíta e aberta todos os adestradores/as da cidade e área metropolitana.

Programación do ciclo

Tras as dúas sesións programadas en febreiro, o ciclo proseguirá co seguinte calendario:

15 de marzo: Estructuración da sesión e unidade básica de adestramento. Javier Rodríguez

31 de marzo: Aprendendo a adestrar a defensa individual. Javier Cotelo

12 de abril: Tecnificar en todas as idades. Propostas para equipo LEB. Charlie Uzal

21 de abril: O 1x1 tras xogo sen balón. Atacar sobre o pase. Román Gómez

5 de maio: Fomentar a liberdade para decidir. Fernando Buendía

19 de maio: Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación. Jorge Igrexas

9 de xuño: Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación. Mª José Cousillas








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro