Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 22/08/2017 20:27

Calendario e rivais para as fases de clasificación ás ligas FGB

Calendario y rivales para las fases de clasificación a las ligas FGB

Como cada ano, a Federación Galega realizou o sorteo mediante o cal se emparellan os equipos que pretenden conseguir as prazas dispoñibles para xogar nas primeiras divisións galegas. Este sistema obriga a iniciar canto antes as pretemporadas, co fin de aproveitar a oportunidade nesta fase clasificatoria de setembro para participar nas ligas FGB.

Catro son os equipos do Básquet Coruña que disputarán partidos o mes que vén: Júnior Masculino, Cadete Masculino, Cadete Feminino e Infantil Feminino.

Todas as categorías organízanse con similar formato aínda que con diferente número de equipos participantes. Todos os partidos serán a unha volta, sempre co que está en primeiro lugar como local, e as xornadas organízanse da seguinte maneira:

1. Equipo 4 contra Equipo 2 e Equipo 3 contra Equipo 1

2. Equipo 4 contra Equipo 1 e Equipo 2 contra Equipo 3

3. Equipo 3 contra Equipo 4 e Equipo 1 contra Equipo 2

Na imaxe que ilustra esta noticia, ou no pdf descargable ao final da mesma, mostramos como queda organizado o calendario con rivais, enfrontamentos, datas e formato para poder seguir ao detalle a fase clasificatoria e dar apoio a nosos ?laranxas? nos seus próximos obxectivos.

Documentos adjuntos

fase-clasificatoria.pdf








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city