Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 31/05/2016 16:30

Ben Stelzer renova polo Leyma Básquet Coruña

Ben Stelzer renueva por el Leyma Básquet Coruña

O Club Básquet Coruña anuncia a continuidade do escolta Ben Stelzer nas filas do primeiro equipo, de modo que o estadounidense defenderá a camiseta laranxa por segunda tempada consecutiva.

Na que acaba de finalizar, Stelzer creceu como xogador en todas as súas facetas, e especialmente demostrou ser letal co seu tiro, cualidade que reeditará con toda seguridade na nova tempada 2016-2017. Na recentemente terminada LEB OURO foi o xogador con mellor porcentaxe de tiro de 3 puntos. 

Ademais, pode tirar en contraataque, en situacións estáticas e saíndo de indirectos. A estas virtudes anotadoras engádese a súa habilidade como defensor, a rapidez nos seus desprazamentos e a intuición para recuperar balóns. 

Na súa época universitaria formou parte do Mellor Quinteto do país en NCAA II, ademais de recibir a consideración de Mellor Xogador da Midwest Region e Mellor Xogador da Great Lakes Intercollegiate Athletic Conference (GLIAC).

Traxectoria deportiva

Durante os seus estudos universitarios Ben Stelzer militou nas filas do Michigan Tech Huskies (2011-2015), pertencente á liga NCAA II, estreándose na competición profesional e o baloncesto europeo da man do Leyma Básquet Coruña na recentemente finalizada tempada 2015-2016.

Documentos adjuntos

ben-stelzer--bcoruna.pdf








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro