Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 04/10/2014 11:17

Beka Burjanadze únese ao Leyma Básquet Coruña

Beka Burjanadze se une al Leyma Básquet Coruña

O Leyma Básquet Coruña completa o seu persoal coa chegada do xogador Xeorxiano, Beka Burjanadze. Tras a saída do equipo de Nick Fox, Beka chega ao equipo para pechar, desta forma, o persoal do primeiro equipo.
Beka Burjanadze é un xogador nado en Xeorxia  (Tiblisi 03/01/1994), de 203 cm de altura e que pode xogar tanto de 3 “” como de 4 “”. Ten unha grandísima fortaleza física e no xogo destaca polo seu acerto no tiro e a súa capacidade reboteadora e defensiva.
A pesar de ter unicamente 20 anos, xa é internacional absoluto co seu país, disputando o pasado verán o Preeuropeo con Xeorxia.
Ademais, Beka ocupa praza de xogador de formación “”. Chegou a España no ano 2010 para xogar no Junior do Cajasol. Tras o seu paso pola categoría junior, pasou a formar parte do persoal do equipo ACB no 2012 e aí permaneceu ata esta tempada.
O xogador pasará o luns o pertinente recoñecemento médico e porase ás ordes de Perico Diaz xa no adestramento da tarde do mesmo día.

Traxectoria deportiva:
10/11. Cajasol. Junior. Disputa 3 partidos en ACB e 1 en Eurocup
11/12. Cajasol Banca Cívica. Junior e EBA.
12/13. Cajasol. Liga Endesa e Eurocup
13/14. Cajasol. Liga Endesa.

Traxectoria como internacional:
2009. Xeorxia. Europeo Sub16 Division B, en Portugal.
2010. Xeorxia. Europeo Sub16 Division B, en Tallinn.
2011. Xeorxia. Europeo Sub18 División B, en Bulgaria.
2012. Georga. Europeo Sub20, en Eslovenia.
2012. Xeorxia. Europeo Sub18 División B, en Saraievo (Bosnia Herzegovina).
2013. Xeorxia. Eurobasket, en Eslovenia.
2014. Xeorxia. Europeo Sub20 División B, en Saraievo (Bosnia Herzegovina).
2014. Xeorxia. Preeuropeo.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city