Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Actividades | 18/06/2019 11:38

Bautismo de surf, xogos tradicionais e habilidades de loita no noso Campus Milenium

Bautismo de surf, juegos tradicionales y habilidades de lucha en nuestro Campus Milenium

O Campus Milenium 2019 afronta a súa recta final de prazo de inscricións, que finaliza este venres, e presenta este ano novidades na súa nutrida oferta de actividades e deportes para todos os participantes.

Unha das novas actividades este ano será o bautismo de surf, que levará a cabo na praia do Orzán e que correrá a cargo de Base Surf Camp. Trátase dunha escola de surf afincada na a cidade herculina, que realiza cursos para nenos e adultos. O bautismo de surf que levaremos a cabo no noso Campus Milenium consiste nunha primeira aproximación a este deporte dunha forma segura e divertida.

Así mesmo, dentro das nosas actividades teremos un ano máis, e tras o éxito cultivado ano tras ano, a realización de xogos e deportes tradicionáis da man de Ricardo Pérez e Verdes, presidente do padroado que xestiona o Melga (Museo Etnolúdico Galego). Tamén repetiremos as habilidades de loita, para coñecer as diferentes destrezas necesarias en deportes de contacto, co coñecemento e bo facer dos técnicos do Judo Club UDC.

Un ano máis o Campus Milenium contará cos mellores adestradores/as de baloncesto, e tamén cos mellores especialistas do resto de disciplinas, con monitores cualificados e específicos para cada unha das mesmas, para garantir o gozar e aprendizaxe de todos os nosos participantes.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro