Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 14/03/2020 10:56

Básquet Coruña recoñece, un ano máis, o labor de Alcer

Básquet Coruña reconoce, un año más, la labor de Alcer

Aínda que non haxa xornada este domingo, o Club Básquet Coruña SAD, non quería deixar pasar a oportunidade de visibilizar o labor de Alcer Coruña.

Alcer é unha entidade, nacida en 1976, que traballa con persoas enfermas do ril, e os seus principais obxectivos son proporcionar información ás persoas con enfermidade renal crónica e aos seus familiares, e por outra sensibilizar en materia de promoción de doazón de órganos e hábitos de vida saudable.

Por este motivo o pasado xoves, 12 de marzo de 2020, celebrouse o día mundial do Ril que ten como obxectivo promocionar o coidado da saúde renal, promovendo hábitos de vida saudable e concienciar á poboación do impacto da enfermidade renal das persoas que o padecen.

Ademais, levan a cabo todo o ano actividades que teñen como meta a sensibilización da sociedade en relación á doazón e o transplante de órganos, logrando ter hoxe en día case 30.000 carnés de doantes.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city