Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Levitec Huesca 65-66 Leyma Coruña · 18/10/2019 21:00 Huesca || Senior Fem. 2ªDiv: C.B Laracha Novafacial 48-61 Basquet Coruña Leyma S · 20/10/2019 17:00 IES Agra de Leboris || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña S 42-73 Dimolk Xiria Artai · 19/10/2019 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: GPO.Pelé Terracha 73-37 Idefic Imatia Básquet Coruña · 18/10/2019 21:00 -- || Junior Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U18 34-74 Básquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Junior Fem. 1ªDiv: Compañía de Maria- Vigo 67-63 Básquet Coruña Leyma J · 19/10/2019 16:00 Compañia de Maria-VIGO || Junior Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria 76-54 Básquet Coruña U17 · 20/10/2019 17:00 Compañía de Maria - Coruña || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 34-74 Basquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 2ªDiv: Montrove 41-69 Básquet Coruña Leyma C · 19/10/2019 17:00 Canide-Mera || Cadete Masc. 1ªDiv: CB Ría de Ribadeo 81-82 Básquet Coruña C · 20/10/2019 12:00 Pabellon Grande de Ribadeo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 39-75 KFC Culleredo · 20/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 36-75 Básquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 98-30 BV Asesores Los Rosales · 19/10/2019 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 36-75 Basquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I 64-74 Montrove · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 62-60 Basket School · 19/10/2019 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Esclavas 6-56 Básquet Coruña Leyma U13 · 19/10/2019 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Peleteiro 55-17 Básquet Coruña Leyma U12 · 20/10/2019 12:00 Montouto || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Peleteiro 63-34 Básquet Coruña U12 · 20/10/2019 12:00 Montouto

Actividades | 27/02/2019 07:02

Basquet Coruña inicia o período de subscrición de accións para os seus Socios

Basquet Coruña inicia el período de suscripción de acciones para sus Socios

O Club Básquet Coruña cumpriu con todos os requisitos marcados polo Consello Superior de Deportes (CSD) e inicia a primeira fase de subscrición de accións para a súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD). O pasado 24 de outubro de 2018, a Asemblea Xeral do Club aprobou por unanimidade o proxecto de conversión do Club en SAD, co dobre obxectivo de dotar ao club duns recursos propios financeiros que sustenten o seu crecemento e de cumprir cun requisito fundamental para poder participar no futuro na liga Endesa (ACB), que é o de ter a forma xurídica de SAD. O 11 de febreiro de 2019, a comisión Mixta de Transformación de Clubs en Sociedades Anónimas Deportivas do CSD informou favorablemente o procedemento de transformación voluntario do Club Basquet Coruña, establecendo un capital social de 60.000 euros para a transformación, e outorgando un prazo de nove meses para logralo.

Nesta primeira fase terán dereito a participar todas aquelas persoas que ostentasen a condición de socio o 23 de outubro de 2018. Cada socio terá dereito a subscribir un máximo de sete acciones, cuxo valor nominal é de 50 euros por acción. Se non acudisen todos os socios á subscrición ou non subscribisen o sete acciones ás que teñen dereito, os títulos sobrantes ofreceranse nunha segunda fase durante o mes de abril aos socios que subscribisen o número máximo de accións ás que teñen dereito. A Directiva estima que esta cifra de capital inicial será integramente subscrita entre os actuais socios nas dúas fases mencionadas. Os socios poderán acudir, desde o xoves 28 de febreiro, ás oficinas do Club en Arquitecto Rei Pedreira 3, ou á oficina de CAIXABANK na praza de Ourense 3, onde atoparán a información necesaria para subscribir as accións xunto cos boletíns de subscrición. Así mesmo, na páxina web do club (www.basquetcoruna.com) estará dispoñible a información e a documentación necesaria, aínda que sempre será necesario a entrega de documentación orixinal na oficina do Club ou na oficina de CAIXABANK mencionada. O club, adicionalmente ao teléfono habitual (981 264022), habilitou unha dirección de correo electrónico (Sad@basquetcoruna.com) para que os socios que teñan calquera dúbida sobre o proceso de subscrición poidan facer as consultas que consideren.

A intención do Club, unha vez finalizada a subscrición dos 60.000 euros iniciais e conclúanse os trámites posteriores (inscricións nos rexistros correspondentes e elección do Consello de Administración), é iniciar unha ampliación de capital para tratar de capitalizar a entidade ao máximo e cumprir co requisito de capital social mínimo que esixido para poder participar a ACB que se estima ao redor dos 1,7 millóns de euros (establécese anualmente por parte do CSD). Nesta ampliación, ademais dos accionistas que acudisen á conversión, ofreceranse accións ao público en xeral e ás empresas que queiran participar e apoiar o crecemento do baloncesto e do deporte en xeral na Coruña.

Documentos adjuntos

pasos-ser-accionista-definitiva.pdf










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro