Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 19/07/2019 11:28

Basquet Coruña formaliza a escritura de transformación en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e preséntaa no Rexistro de Asociacións Deportivas do CSD

Basquet Coruña formaliza la escritura de transformación en Sociedad Anónima Deportiva (SAD) y la presenta en el Registro de Asociaciones Deportivas del CSD

O Consello de Administración do club Básquet Coruña outorgou o pasado 5 de xullo a escritura pública de transformación do Club en Sociedade Anónima Deportiva (SAD), unha vez finalizada a segunda fase de subscrición de capital social de 60.000 euros, que foi integramente subscrito por socios do club que o eran a 23 de outubro de 2018.

Con posterioridade, o pasado 12 de xullo presentouse no CSD a mencionada escritura para a súa inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas, paso previo para poder inscribir a nova SAD no Rexistro Mercantil. O CSD dispón dun prazo de ata 3 meses para realizar a inscrición, aínda que desde o club estímase que o período se pode acurtar substancialmente.

En calquera caso, unha vez inscrita a SAD no Rexistro de Asociacións Deportivas solicitarase inmediatamente a inscrición no Rexistro Mercantil e convocarase a Xunta Xeral Extraordinaria para a elección do Consello de Administración e, en caso de ser elixidos os actuais membros do Consello, someter a aprobación unha ampliación de capital para tentar alcanzar a cifra esixida para poder participar no futuro na liga ACB, tal e como se comunicou aos socios na asemblea do pasado 24 de outubro de 2018 e que foi aprobado por unanimidade.

No previsible caso de que a ampliación sexa aprobada, terán un dereito de adquisición preferente os actuais accionistas e, no caso de que reste capital sobrante, como é presumible, este abrirase ao público en xeral. O actual Consello de Administración está a manter contacto con diversas empresas para explicarlles o proxecto para que no caso de que sexa necesario poidan acudir á ampliación de capital, se así o desexan. Estas reunións continuaranse celebrando nas próximas semanas.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro