Avituallamento de altura na 5K Leyma Coruña

Comeza a conta atrás para o 5K Leyma Coruña Abónate. Mañá domingo 12 de novembro ás 11:00 horas dará comezo a saída da carreira coorganizada polo club laranxa con Championchipnorte, e na que colabora o concello coruñés. Un evento cuxo obxectivo principal ademais da práctica deportiva é dar a coñecer o sentimento laranxa e promover o apoio por parte dos afeccionados , e os que aínda non o son, ao club.

Para iso, os máis do medio milleiro inscritos poderán recoller os seus dorsais no Palacio dos Deportes de Riazor en horario:

- Sábado de 16:00 a 20:00

- Domingo desde as 08:30 e ata 45 minutos antes do inicio da carreira.

Lembramos que a saída se realizará desde a chaira da Torre de Hércules. Na entrega do avituallamento (auga, froita e produto enerxético Nutrisport) contaremos coa colaboración dos xogadores do primeiro equipo. Regalarase unha entrada con acompañante a todos os inscritos na carreira para que poidan acudir a animar e gozar dunha Xornada Leb Ouro.

Ademais da colaboración dos xogadores do Leyma Coruña na entrega do avituallamento, haberá máis sorpresas. Todos os que logren subir ao podio poderano facer envoltos nunha bufanda do club laranxa. Os gañadores da clasificación por cuadrillas terán dereito, ademais da a entrada gratuíta máis acompañante, como o resto de inscritos, a ver o partido desde un dos asentos de Palco de cadeira en pista, para vivir aínda mais preto o espectáculo do baloncesto.

Desde o Club Leyma Básquet Coruña esperamos que todos e todas os participantes neste evento así como os seus familiares e amigos, gocen da xornada deportiva e únanse a animar, dar apoio e gozar do baloncesto ?laranxa? na nosa cidade. Abónache!

MAIS INFORMACIÓN

http://www.basquetcoruna.com/es/noticia/el-5k-do-leyma-coruna-o-domingo-dia-12