Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 09/06/2017 13:11

Aínda estás a tempo de inscribirche no Campus Milenium

Aún estás a tiempo de inscribirte en el Campus Milenium

A poucas semanas para finalizar o curso aínda é posible apuntarse ao Campus Milenium, que conta xa con 170 inscritos para un máximo de 200 participantes. Lembrámosvos que o prazo para reservar praza finaliza o xoves 22 de xuño e que este campamento se dirixe a escolares de 5 a 15 anos -nados do 2012 ao 2001 ambos os incluídos- que queiran pasar un verán diferente gozando do baloncesto combinado con outras moitas actividades lúdico-deportivas.

O campus desenvolverase do 26 ao 30 de xuño e do 3 da o 7 de xullo en horario de 9:00 da mañá ata as 18:00 da tarde, con grupos de participantes distribuídos segundo idade e niveis para o mellor desenvolvemento das actividades.

A inscrición pódese facer en liña ou ben nas oficinas do Club, en Arquitecto Rei Pedreira 3, en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Campus de Tecnificación

Ademais, a próxima semana o Club abrirá o prazo para inscribirse nun novo Campus de Tecnificación, que do mesmo xeito que o pasado verán estará dirixido por adestradores galegos de baloncesto de sólida experiencia. Eles serán os encargados de favorecer o crecemento deportivo dos participantes durante dez intensas xornadas de perfeccionamento que se celebrarán na segunda e terceira semana de xullo. Nos próximos días facilitarémosvos máis detalles sobre esta actividade.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro