Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 23/10/2019 10:06

Augustas Pe?iukevi?ius, novo xogador do Leyma Coruña

Augustas Peciukevicius, nuevo jugador del Leyma Coruña

A Coruña 22 de outubro de 2019. Augustas Pe?iukevi?ius, base lituano de 27 anos e 1.95cm é desde esta semana novo xogador do Leyma Coruña. O xogador incorpórase á entidade laranxa para cubrir a baixa temporal de Mike DiNunno, motivada pola lesión sufrida no seu nocello esquerdo e, tanto o xogador como os servizos médicos do Club, decidiron que o xogador se centre ao 100% na recuperación da súa lesión para reincorporarse en plenitude de facultades canto antes. Dada a importancia de Mike na configuración do persoal, o corpo técnico e a directiva, decidiron realizar a incorporación de Augustas, xogador que cunhas características diferentes ás de Mike DiNunno, esperamos que poida achegar as súas cualidades e a súa experiencia ao equipo de forma moi positiva.

Tras formarse no seu país, e ser internacional obtendo a medalla de bronce no europeo Sub-16 e prata no europeo Sub-18, disputou dúas tempadas no Tartu Rock de Estonia. Posteriormente aterrou na LEB Ouro, da man do San Pablo Burgos, onde militou na tempada 2015/16. De alí, puxo rumbo a Bélxica, onde disputou durante tres tempadas a primeira división Belga, no Excelsior Brussels, equipo co que tamén disputou competicións europeas. Durante este verán estivo realizando a pretemporada a pretemporada co equipo San Pablo Brugos que disputa a liga ACB.

O xogador xa pasou o pertinente recoñecemento médico na Clínica Quirón da Coruña e atópase adestrando cos seus compañeiros. Espérase o seu debut, no caso de que o técnico Sergio García así o decida, este domingo 27 no partido que o Leyma disputa contra o TAU Castelló ás 12 da mañá en #OFornoDeRiazor.

O club quere desexarlle ao novo xogador moita sorte e éxito nesta nova etapa (firma por 4 meses con opción a finalizar a tempada) e darlle a benvida ao que será o seu novo equipo, e desexa que o seu compromiso e crecemento permitan ao club laranxa alcanzar novas cotas na LEB Ouro e gozar do seu xogo a todos os afeccionados do Leyma Coruña.

Así mesmo, toda a familia laranxa queremos desexar ao noso xogador Mike DiNunno unha pronta e feliz recuperación.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city