Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Actividades | 25/04/2019 13:52

Asperga Asociación, protagonista de '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa

Asperga Asociación, protagonista de '17 partidos, 17 causas' de la Obra Social de la Caixa

Asperga Asociación será a entidade homenaxeada dentro do noso programa '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa. O acto de recoñecemento terá lugar entre o primeiro e segundo cuarto do encontro deste venres ás 21 horas ante o Levitec Huesca.

Asperga Asociación nace en 2006, ano no que comeza a tecer unha rede de familias e persoas con Síndrome de Asperger co obxectivo de loitar por un futuro de inclusión para as persoas con síndrome de Asperger, da seguinte forma:

Promovendo a sensibilización e concienciación social da contorna.

Ofrecendo un centro integral de referencia, no que profesionais especializados deseñen e faciliten servizos de atención e apoio ás persoas con Síndrome de Asperger, onde as persoas con TEA son participantes activos do seu propio programa de intervención.

Traballando en rede con outras entidades para sumar esforzos, en pos dun obxectivo común.

Loitando porque as persoas con síndrome de Asperger sexan cidadáns de pleno dereito.

Traballando coas persoas con TEA para que tomen o control das súas propias vidas e o futuro do seu colectivo.

Xestionando responsablemente, con ética e total transparencia co fin de alcanzar as nosas metas.

Asperga é, en definitiva, un espazo común, no que as persoas con Síndrome de Asperger e as súas familias teñen a oportunidade de sumar forzas para defender os intereses do seu colectivo e de acceder a uns servizos profesionais especializados que a administración pública non ofrece. Ademais, Asperga constitúe un punto de encontro no que podemos intercambiar experiencias e apoiarnos todos nese proceso de empoderamiento deste colectivo, no que están envorcados de pleno.

Desde o Básquet Coruña agradecémolas a Asperga o seu labor social de apoio ás persoas que sofren Síndrome de Asperger e ás súas familias.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro