Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Actividades | 22/06/2015 19:29

Arrinca o XX Campus Mileniun e o de tecnificación

Arranca el XX Campus Mileniun y el de tecnificación

As instalacións de Maxisterio, Riazor e o Inef de Bastiagueiro acolleron o inicio de ambas as actividades.

O Campus Mileniun comezou hoxe con preto de 150 inscritos no Pavillón do Antigo Maxisterio e nas Polideportivas 1 e 2, foi un día duro de traballo onde todos os niñ@s puideron ter o seu primeiro contacto co balón no Campus con dúas sesións de baloncesto e xogos no exterior.

Doutra banda, os mozos do Campus de Tecnificación, que se celebra no INEF en horario de mañá, recibiron as leccións de Nacho Silva, seleccionador galego infantil feminino e membro do staff técnico do Celta. Con el traballaron conceptos básicos do baloncesto durante unha primeira parte da sesión e terminaron a mañá con partidillos de 2 contra 2 e 3 contra 3.

 

Mañá os grupos 1,2 e 3; pola mañá gozarán dunha sesión de baloncesto e un taller ambiental, mentres que pola tarde farán concursos de baloncesto e un “gran xogo” nos exteriores de Maxisterio. Para iso non é necesario que traian ningún equipamento especial.

Os grupos 4,5 e 6; pasarán o día na súa localización basee no Pavillón de Maxisterio entre xogos ao exterior; e as de baloncesto. Este batallón tampouco necesitan ningún equipamento especial.

Por último, os grupos 7, 8 e 9; farán a primeira saída do Campus ao Albergue de Santa Cruz, onde farán actividades con canoas, Tiro con arco e escalada. Pola tarde, tras repor forzas, farán unha sesión técnica de baloncesto e un “gran xogo” no INEF. Estes grupos, deben de traer, ademais do equipamento habitual, toalla, chanclas, bañador e protector solar. 

Accede á galería de imaxes do Campus, facendo click aquí. 










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city