Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 24/03/2018 21:11

Aranzana recoñece que o Leyma Coruña afronta o duelo ante o ILC Manresa coa máxima ambición

Aranzana reconoce que el Leyma Coruña afronta el duelo ante el ILC Manresa con la máxima ambición

O Leyma Coruña recibe ás 17.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor a visita do ILC Manresa, ao que gañou no duelo de ida no Nou Congost, e que chega como segundo clasificado, á espreita dos Cafés Candeas Breogán, o actual líder.

Un encontro no que Gustavo Aranzana poderá contar con todos os seus xogadores, tras dous días de adestramento nos que o equipo "traballou con motivación e esperando que o público nos axude. O partido é ás 17.30 horas, en domingo e nunha hora menos habitual pero estou seguro de que seguiremos a boa liña de xornadas anteriores de bo baloncesto".

O técnico recoñeceu que o Leyma Coruña terminou "amolado porque lle gusta gañar e quería seguir co refacho" tras non poder logralo ante os Chocolates Trapa Palencia no duelo entre semana. "Fixemos moitas cousas ben, quitando os últimos minutos, dos que falamos para seguir mellorando cousas e que esta derrota nos faga máis fortes. Puxémonos as pilas e estamos preparados para afrontar este encontro coa máxima ambición ante un excelente rival", aseverou.

Con respecto a Manresa, quixo destacar a súa condición de "exACB". "Vén seguir pelexando por ser campión e alternar a súa posición co Breogán. Saben que este será unha partido clave para eles. O gañar alí creo que é o primeiro que temos que esquecer, non por vencer significa que sexa máis fácil ou que teñamos a clave, xa que cada partido é diferente", remarcou.

Subliñou, ademais, a importancia da incorporación de Nacho Martín, polo que Manresa agora "ten o que tiña de bo na primeira volta e mellorado, polo que teremos que facer un partido máis completo que na ida, na que xa fixemos un excelente encontro, pero sabendo que aquí teremos que mellorar as nosas prestacións de rebote, defensivas e parar o seu contraataque, co que sufrimos moito na primeira volta. Teremos que ter 40 minutos de concentración porque o que teñen os equipos grandes é que en dous ou tres minutos que ti che desconcentres pódenche abrir unha brecha importante", resumiu.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city