Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 10/01/2019 18:20

Aranzana quere que o Leyma Coruña peche a primeira volta con vitoria ante o Sáez Horeca Araberri

Aranzana quiere que el Leyma Coruña cierre la primera vuelta con victoria ante el Sáez Horeca Araberri

O Leyma Coruña quere pechar mañá ás 21 horas en #OFornodeRiazor con bo sabor a primeira volta ante o Sáez Horeca Arraberri, décimo cuarto na táboa e ao que lle adianta por unha vitoria.

O técnico laranxa Gustavo Aranzana advirte das ameazas do compromiso ante o cadro vasco.

"O noso rival é moi complicado, ten moitísimo perigo debido ao seu gran poder ofensivo. Ten unha gran capacidade anotadora de tres, xogadores dominantes como Robinson, que xera moito xogo, e non podemos esquecer que é o segundo equipo da liga en rebote", declarou o adestrador.

"Esperemos terminar mañá a primeira volta cunha vitoria, con 7/10, o que, con todos os problemas que tivemos de lesións e demais pode considerarse bo", aclarou.

No entanto, é ambicioso e esixente de face ao segundo tramo ligueiro. "Temos que tentar facer unha boa segunda volta, e poder optar así entrar en playoff. Haberá que adiantar a varios que nos levan distancia", apuntou.

Sobre a enfermaría, deu boas novas: "Braxton (Ogbueze) ten o alta, e ocupa a ficha de Axel Louissant (que se marchou cedido ao CB Clavijo), Sergi Piñeiro xa adestrou connosco esta semana e temos a dúbida de Andrés Miso, que estivo varios días enfermo. A ver se o podemos recuperar para mañá". Mentres, no caso de Larry Abia quedan polo menos tres semanas máis de recuperación.

Aranzana tamén enxalzou a iniciativa do club da promoción para que todos os socios e abonados que o desexen poidan convidar a familiares, amigos ou compañeiros de traballo e cuxo prazo finaliza hoxe ás 21.00 horas. Só teñen que enviar un wassap ao número 648 79 49 42 indicando: o nome e apelidos do invitado, o seu número de móbil e o número de entradas que necesita.

"O público sempre estivo connosco e esta iniciativa é moi boa. É unha forma de dar un premio a todo o mundo, levar a familiares e amigos e encher o Palacio. Que veña xente que nunca ha ido ao baloncesto e que poida engancharse e que. pese ao frío, haxa calor humano. É unha gran forma de traer xente ao baloncesto", apostilou.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro