Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 27/10/2017 14:10

Aranzana pide ao Leyma Coruña aumentar a solidez defensiva para imporse ao Prat

Aranzana pide al Leyma Coruña aumentar la solidez defensiva para imponerse al Prat

O Leyma Coruña visita mañá ás 18.15 horas a cancha do Prat, un duelo no que os de Gustavo Aranzana tratarán de sumar unha vitoria que faga esquecer os últimos choques.

O técnico da escuadra coruñesa admitiu que o equipo se recuperou do último pau ante o Carramimbre CBC Valladolid. "Empezamos a semana un pouco tocados, pero co paso dos días o grupo experimentou unha mellora constante. Vin ao equipo con moitísimas ganas, onte (polo xoves) fixemos posiblemente o mellor adestramento do ano e todo me anima a ser optimista. O que fai falta é facer un bo partido", indicou.

Para o choque, Larry Abia mellorou e reverteron as súas molestias, mentres no caso de Trevor Cooney, aínda que moi castigado en todos os choques polas faltas, atópase listo para xogar. Para Aranzana, é momento de dar un paso á fronte. "Hai que tentar subir o nivel de prestacións de todo o mundo e o xogo colectivo, sobre todo en produción ofensiva", declarou. O preparador valisoletano espera agora que "a posta en escena sexa boa" tras un satisfactorio traballo previo durante toda a semana.

Aranzana fixo un chamamento á calma. "Non podemos entrar en pánico porque nun partido xogamos mal, non anotamos ou perdemos moitos balóns. O que hai que ser é insistentes, limpar a mente e seguir traballando para chegar o mellor posible ao partido e que os xogadores estean tranquilos. Se nos han escapados dúas vitorias, pero non podemos volvernos tolos nin xogar con ansiedade. Estamos a adestrar ben e seguro que imos seguir mellorando, pero claro que estou preocupado, porque a todos nos gustaría estar arriba e levar máis vitorias que derrotas".

Sobre o Prat recoñeceu a súa dificultade, que crece exercendo como local: "É un rival moi complicado, con bo ritmo de xogo, con situacións de moitos xogadores abertos que pon ben o balón no chan, o que a nós nos vai a facer sufrir. Un equipo que recupera moitos balóns, cunha boa intensidade defensiva, que anota con facilidade, liña exterior con talento en tiros de tres e xogadores que penetran ben... Non cabe dúbida de que imos ter unha proba dura e teremos que construír coa defensa e ser moi sólidos nos bloqueos directos, que eles os xogan moi ben. E a partir de aí ter tranquilidade para xogar en ataque", resumiu.

Por último, pediulle paciencia á afección, a pesar do mal inicio do equipo: "Os máis amolados somos nós, eu o primeiro, pero pídolles que teñan paciencia e tranquilidade, que isto vai saír, imos xogar ben, ímonos a divertir seguro e imos gañar moitos partidos. Estou convencido".









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city