Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 09/10/2017 16:37

Aranzana espera un partido moi igualado ante Oviedo

Aranzana espera un partido muy igualado ante Oviedo

O Leyma Coruña disputa mañá ás 21.00 horas en Riazor a súa terceira xornada de competición recibindo a Unión Financeira Baloncesto Oviedo, campión de Copa o ano pasado, e que conta os seus partidos por vitorias (Clavijo e Sammic Hostalaría).

Gustavo Aranzana espera un choque moi disputado. "Vai ser un partido moi igualado, duro e longo onde vai importar moito a rotación. Haberá moito desgaste polo que será importante a achega de xogadores non tan habituais", admite o técnico laranxa. Por iso espera que "os xogadores que saian do banco poidan manter ou mellorar as prestacións das que están na pista e que nos poidan dar recambios de seguridade".

No aire estará o concurso de Larry Abia, que sofre unha escordadura no xeonllo, aínda que Aranzana espera poder contar con el. Tras a vitoria ante Araberri, o preparador asevera que a moral do equipo está alta. "Estamos contentos, trabállase mellor gañando. O equipo está en construción absoluta e isto leva moito tempo", matiza. Por tanto, pide á afección e á contorna paciencia. "Sei que todo o mundo está ilusionado en gañar, en moitas vitorias e en xogar ben. E queremos rapidez niso pero queda moito por construír. Estou a ver que o equipo cada día vai mellor e hai que plasmalo nas vitorias", indica.

Aranzana deu as que considera que serán as claves do encontro: "Temos que ser nós mesmos, impor o noso ritmo, dominar os taboleiros, tanto o defensivo como o ofensivo, e parar aos seus tiradores. A partir de aí que nosa defensa sexa sólida", puntualiza. Destaca, así mesmo, do seu opoñente, "un rival de máxima dificultade". Ten un plantel supercompleto, xogan moi ben ao baloncesto e son un equipo con gran circulación de balón que xogan de memoria. Bo xogo interior, dous bos bases, unha liña exterior con bos tiradores, poden xogar con tres grandes... É un rival moi completo?.

No entanto, avisa de que o Leyma Coruña está preparado. "Mentalmente o equipo está ben, está fresco, está moi metido no que nos xogamos mañá porque é un partido moi importante para saber en que liña estamos".

Esperámosvos mañá a todos no Palacio dos Deportes de Riazor para animar ao Leyma Coruña nun novo reto!










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city