Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Club Balonceto Cambre - Básquet Coruña S · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Sofía Toro || Senior Masc. 3ªDiv: BV Asesores Los Rosales - Idefic Imatia Básquet Coruña · 22/02/2020 18:00 Los Rosales || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 22/02/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Liceo La Paz - Básquet Coruña U17 · 22/02/2020 10:00 Colegio Liceo La Paz || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - KFC Costa Artabra · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Sat On Service Montrove · 21/02/2020 17:45 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Vistaoptica Basket Ferrol · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - KFC Culleredo Azul · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña U16 · 23/02/2020 17:00 Polideportivo Sofía Toro || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Dominicos Cadete Masculino · 23/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U13 · 25/02/2020 12:00 Pazo Anexo 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Santa Maria del Mar Benjamín Fem Azul - Básquet Coruña Leyma U10 · 22/02/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Santo Domingo Betanzos 11 - Básquet Coruña U10 · 23/02/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - CD Rosalse EPB 10 · 21/02/2020 18:00 Polideportivo Agra II || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U10/9 - Culleredo · Aprazado

Primer equipo | 28/11/2017 17:21

Aranzana asegura que o Leyma Coruña está ?mentalizado e responsabilizado? para o encontro ante os Chocolates Trapa Palencia

Aranzana asegura que el Leyma Coruña está “mentalizado y responsabilizado” para el encuentro ante el Chocolates Trapa Palencia

O Leyma Coruña recibe mañá ás 21.00 horas a visita dos Chocolates Trapa Palencia, un encontro entre semana para o que a escuadra laranxa está preparada. "O equipo está moi mentalizado e responsabilizado. Adestramos e estamos preparados para gañar. O máis importante é ter claro o que nos xogamos, cal é a folla de ruta, que hai que facer para gañar e o rival que temos enfronte", indicou o preparador.

O técnico apelou, ademais, ao aspecto anímico para lograr o triunfo, "Temos que crer no que facemos, crer en nós, no compañeiro, no equipo e saír dispostos a divertirnos, a xogar e a tratar de conseguir a vitoria coas nosas armas, respectando ao rival e sabendo que se facemos as cousas ben teremos opcións de gañar", enumerou.

Sobre o estado da enfermaría, o adestrador laranxa puido dar novas noticias. "Reincorporouse Mike Torres, aínda que despois da enfermidade non está ao cento por cento e chegou onte tras as xanelas FIBA (Jonathan) Gilling. Creo que é a primeira vez que adestramos os doce en todo o ano", recoñeceu Aranzana.

Sobre o seu rival apostilou que conta con "un plantel extraordinario, un equipo chamado a estar arriba". "Empezou con dúbidas, pero é indiscutible a súa calidade. Ten moi ben tiro exterior, lectura moi boa en xogadores exteriores, le moi ben o xogo en todas as saídas, en como dominan os espazos", describiu.

Ademais, puxo o acento en varios integrantes do cadro palentino: "Teñen un xogador en poste baixo como é Urko (Otegui) dos máis difíciles de defender da categoría. Non só polo que el pode xerar senón tamén polo que el distribúe, reparte xogo, cambia o balón... Chegou (Andrés) Miso que lles vai a dar moita fortaleza en dirección de xogo e teñen tamén a (Bryce) Pressley, que é desequilibrante nun por un".

Aranzana aproveitou para pedir que os seguidores laranxas volvan responder, como en anteriores compromisos no Palacio dos Deportes de Riazor, nun encontro ante "un dos mellores equipos da categoría, que xa ascendeu dúas veces". "Necesitamos que o público nos anime e estea connosco, empúxenos e alente. Haberá momentos difíciles no partido e os xogadores necesitan sentir esa proximidade, ese alento, para poder engancharnos", resolveu.

Documentos adjuntos

aranza-vs-palencia.m4a









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city