Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 26/11/2018 17:17

Aranzana apela a unha vitoria ante Fundación Selecta que lle de 'osíxeno' ao Leyma Coruña

Aranzana apela a una victoria ante Fundación Granada que le de 'oxígeno' al Leyma Coruña

O Leyma Coruña disputa mañá ás 21 horas o encontro da xornada dez, entre semana, ante a Fundación Selecta. Os nazaríes, novenos na táboa, cun balance de 5-4, veñen de perder de forma axustada ante Huesca (89-82).

Un encontro no que ás baixas de Zach Monaghan, Carlos Martínez e Larry Abia únese a de última hora de Braxton Ogbueze. "O equipo está ben, adestramos o que puidemos, pero unha vez máis non tivemos sorte coas lesións, e viaxan nove xogadores, porque se lesionou Braxton o domingo, e a súa perda, ás xa consabidas que temos, únese ás dificultades que temos. Pero o equipo está forte, unido e con toda a predisposición de facer un gran partido e darnos a vitoria", indicou o técnico Gustavo Aranzana.

O técnico valisoletano recoñece que é "unha xornada importante, como as que estamos a xogar cada día" e que lles toca un partido·"tremendamente difícil cun rival que xoga con moitísima enerxía e máis en Granada, con case 6.000 persoas no campo. Un equipo que xoga moi ben as transicións defensa-ataque, con moitos balóns interiores, de dentro a fóra, e está nunha boa dinámica, polo que é un equipo perigoso".

"Será unha proba para nós e preocúpame o estado anímico do equipo. Foi un pau, despois de deixarse todo no campo, non recoller a vitoria ante Melilla por detalles. E neses detalles é nos que volvemos a traballar a partir do sábado despois do encontro: perdas de balón nas primeiras liñas do pase que nos castigan con contraataques fáciles e unha vez máis pechar o rebote contra Granada vai ser para min a clave, o poder dominar os taboleiros", resumiu.

Para Aranzana está claro que é necesario que o equipo volva gañar: "É evidente que necesitamos unha vitoria pero non podemos caer en precipitacións, nin en pánico. Necesitamos estar tranquilos, facer o noso traballo. A liña de mellora é o que se viu na segunda parte ante Melilla, defensivamente, o equipo estivo moi ben, moi sólido. A partir de aí coller confianza e ver se ao final do partido podemos ter opcións de poder gañar o partido, que nos daría unha cantidade de osíxeno tremenda", remarcou.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city