Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 19/10/2018 14:17

Aranzana apela á personalidade e a que o Leyma Coruña dea un paso adiante ante o CB Prat

Aranzana apela a la personalidad y a que el Leyma Coruña dé un paso adelante ante el CB Prat

O técnico do Leyma Coruña Gustavo Aranzana alertou na previa da dificultade do encontro de mañá ante o CB Prat, que aínda non coñece a vitoria. "É unha partido trampa. A clasificación de Prat non recolle o xogo que está a atesourar, todos os partidos perdeunos, é certo, pero competiu ata o final ante todos. Ademais é unha cancha complicada", aclarou.

Ademais, recoñeceu que o cadro laranxa volverá estar mermado fisicamente: "Varios xogadores seguen con dificultades físicas. Seguimos sen estar con Monaghan, Quinton empezou a adestrar pero non está ao cento por cento e como sabemos a lesión de Carlos Martínez imos incorporar a Andrés Miso", comentou. Un xogador que non é seguro que poida competir na cancha do Prat. "Imos ver se pode estar no partido, pero estaría sen adestrar. Isto é unha dificultade, pero temos que traballar ao máximo cos peóns que temos", indicou.

Sobre o seu opoñente, describiuno como "un equipo moi vertical, agresivo, que lle gusta correr, xogar a campo aberto, con moitas situacións de pick and roll, dun contra un, unha base sólida de xogo, con poucos sistemas pero moitas opcións". Tamén falou dos seus nomes propios: Mar Blanch, Gluditis, que levan o peso da liña exterior e por dentro Pepu Ortega, bo xogador tanto en espazos abertos, tirador, como para xogar de costas a canastra, e un xogador importante como Sena, que o outro día fixo 16 rebotes, o anterior 12... Un xogador que carga ben os taboleiros", enumerou.

Sobre o Leyma, pediu que manteña "un ritmo defensivo bo e non cometer erros". "Tentar que Prat non nos anote en canastras fáciles e ter o control nos dous aros", subliñou. Esixiu, ademais, un puntiño máis ao seu equipo: "Imos ver as rotacións como van, evidentemente polos problemas físicos que temos en moitos xogadores e as baixas, vai ser importante controlar as faltas e o ritmo do partido".

"Trataremos de xogar un encontro con personalidade e sabendo que temos que dominar a pintura, correr, optimizar os recursos que temos e non podemos, a priori aínda que as baixas sexan importantes, escusarnos nese sentido. Temos que tentar dar un paso adiante todos e tratar de gañar o partido. O traballo durante a semana foi bo, aínda que son 7-8 xogadores nada máis e creo que o equipo está moi centrado en conseguir canto antes a vitoria", resolveu o técnico









non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro