Anxo Hernández e Mario Cabanas apúntanse ao Campus Mileniun

Tanto Anxo Hernández como o coruñés Mario Cabanas confirmaron a súa presenza no XIX Campus Mileniun para pasar unha xornada con todos os niñ@s gozando do baloncesto. 

Doutra banda, lembramos que o prazo de inscrición para a actividade finaliza o día 20 de xuño ou ata cubrir as prazas dispoñibles. 

Para realizar a inscrición podédelo facer de dúas maneiras, ben de forma online a través da ligazón que figura na páxina web do Club ou ben enchendo o boletín de inscrición nas oficinas do Club Básquet Coruña, ademais para certificar a inscrición debedes entregar unha fotocopia do cartón sanitario xunto ao xustificante de pago da actividade.

Máis información na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/1ou2ZKJw5rpHdSulOWGKFRXWOupOwDj2ou315lekpW5Qm8/edit