Anxo Casais Romeu, coa preselección infantil masculina disputará un torneo en Olmedo

O xogador do Básquet Coruña Anxo Casais Romeu foi chamado para a preselección galega infantil masculina, que xogará un torneo en Olmedo o fin de semana do 4 de novembro.

Todos os xogadores terán que presentarse o venres 2 de novembro ás 16 horas no Estadio Multiusos de San Lázaro na porta 16. A selección participará nun torneo que organiza a Federación de Castela e León na localidade de Olmedo.

Galicia xogará contra os combinados de Castela e León, Madrid e un equipo da zona. A selección galega debutará o día 3 ás 10.00 horas ante Castela e León.

Moita sorte ao combinado autonómico e ao noso xogador nesta competición!