Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Levitec Huesca 65-66 Leyma Coruña · 18/10/2019 21:00 Huesca || Senior Fem. 2ªDiv: C.B Laracha Novafacial 48-61 Basquet Coruña Leyma S · 20/10/2019 17:00 IES Agra de Leboris || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña S 42-73 Dimolk Xiria Artai · 19/10/2019 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: GPO.Pelé Terracha 73-37 Idefic Imatia Básquet Coruña · 18/10/2019 21:00 -- || Junior Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U18 34-74 Básquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Junior Fem. 1ªDiv: Compañía de Maria- Vigo 67-63 Básquet Coruña Leyma J · 19/10/2019 16:00 Compañia de Maria-VIGO || Junior Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria 76-54 Básquet Coruña U17 · 20/10/2019 17:00 Compañía de Maria - Coruña || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 34-74 Basquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 2ªDiv: Montrove 41-69 Básquet Coruña Leyma C · 19/10/2019 17:00 Canide-Mera || Cadete Masc. 1ªDiv: CB Ría de Ribadeo 81-82 Básquet Coruña C · 20/10/2019 12:00 Pabellon Grande de Ribadeo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 39-75 KFC Culleredo · 20/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 36-75 Básquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 98-30 BV Asesores Los Rosales · 19/10/2019 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 36-75 Basquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I 64-74 Montrove · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 62-60 Basket School · 19/10/2019 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Esclavas 6-56 Básquet Coruña Leyma U13 · 19/10/2019 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Peleteiro 55-17 Básquet Coruña Leyma U12 · 20/10/2019 12:00 Montouto || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Peleteiro 63-34 Básquet Coruña U12 · 20/10/2019 12:00 Montouto

Primer equipo | 06/08/2019 12:30

Anthony Green, novo pivote do Leyma Coruña

Anthony Green, nuevo pívot del Leyma Coruña

O Leyma Coruña pecha a contratación do pivot Anthony Green (1996) procedente de Northeastern University, proclamándose campión da súa conferencia, a CAA, o que permitiu á súa universidade acceder ás fases finais da NCAA (March Madness) de forma directa, que se disputa entre os 68 mellores equipos da NCAA que se compón de 353 entre todas as súas conferencias.

Anthony Green é un pivote de 2,08m de gran envergadura e fortaleza física. Desenvólvese moi ben en ataque apoiando con continuos bloqueos e xogando con soltura o pick&roll, terminando en moitas ocasións as súas xogadas con accións por encima do aro.

Non se prodiga no tiro senón que é un xogador de equipo que achega traballo e rebote en ataque, e intimidación e rebote en defensa. No seu último ano disputou 34 partidos, promediando 22.4 en minutos de xogo, 8.8 puntos cun 68,2% de acerto (termina moitas xogadas machucando o aro rival), 5.3 rebotes e 0.8 tapóns.

Un dato adicional que demostra a súa fortaleza física e importancia no seu equipo é o feito de que disputou como titular os últimos 96 partidos de forma ininterrompida, desde o 31 de decembro de 2016.

O Leyma Coruña faise cos servizos dun xogador con potencial do que se teñen moi boas referencias deportivas e persoais, moi acorde ao perfil que o corpo técnico desexaba incorporar ao persoal.

O club quere desexarlle a Anthony Green moita sorte e éxito nesta nova etapa no baloncesto profesional, e darlle a benvida á que será o seu novo equipo os próximos 9 meses, e que o seu compromiso e crecemento permitan ao club laranxa alcanzar novas cotas na Leb OURO e gozar do seu xogo a todos os afeccionados en #OFornoDeRiazor.

 

Campaña de Abonados

O pasado 8 de xullo iniciouse a campaña de abonados para a tempada 2019/20, cun período de prezos bonificado que estará vixente ata o 15 de agosto, importantes novidades como a asignación de butacas para todos os carnés e o mantemento da promoción 1+1, da que poden gozar os abonados da tempada 18/19 que lles permite obter un desconto do 50% no prezo do seu abono.

O hashtag elixido para a campaña é #ETiDeQuenVesSendo?, co que o club espera unha acollida moi positiva dos afeccionados enunciando a resposta ?da #FamiliaNaranja? que sirva para mobilizar e animar cada vez a máis persoas a achegarse a un espectáculo tan apaixonante e nun ambiente tan san como o do baloncesto.











non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro