Aínda podes inscribirche no Campus Milenium e no de Tecnificación deste verán

Xa son máis de 60 os nenos e nenas dispostos a pasalo en grande durante dúas semanas, participando no XXI Campus Milenium que terá lugar de luns a venres desde o 27 de xuño ata o venres 8 de xullo. Alí aprenderán ou mellorarán o seu baloncesto, ademais de realizar outras moitas actividades lúdicas e deportivas, e máis dun descubrirá que o basket é o seu, de aquí en diante.

Como lles ocorreu á nosa xogadores LEB Ouro Beqa Burjanadze, Sergio Olmos ou Joan Creus, e a adestradoras do club como Iria Uxía e Olalla Luaces. #Ysilotuyoeselbaloncesto? É o momento de probar e de animar a colegas do colexio e do barrio.

E, para os que xa o teñen claro e queren seguir progresando e dar o do de peito na próxima tempada, está o Campus de Tecnificación, nas semanas do 11 ao 15 de xullo e do 18 ao 22 de luns a venres.

Toda a información sobre idades, prezos, horarios e lugares de celebración está na nosa web pero tamén podes informarche e aclarar dúbidas no noso teléfono 981 264 022 e o correo club@basquetcoruna.com. As inscricións pódense formalizar presencialmente nas oficinas do club en Arquitecto Rei Pedreira 3, ou ben on-line na web basquetcoruna.com

Anímache a crecer e gozar cun deporte apaixonante!

Inscrición