Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 30/12/2019 12:44

AFACO será a homenaxeada no ?17 partidos, 17 causas? do derbi ante o Club Ourense Baloncesto

AFACO será la homenajeada en el “17 partidos, 17 causas”  del derbi ante el Club Ourense Baloncesto

O Básquet Coruña dedicará este venres día 3 o ?17 partidos, 17 causas? da Obra Social "a Caixa" a AFACO, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias afíns da Coruña, coincidindo co 25 aniversario da entidade, neste 2020.

A homenaxe terá lugar durante o derbi entre Leyma Coruña e Club Ourense Baloncesto, da xornada 16, ás 20:00 en #OFornodeRiazor.

AFACO é unha organización sen ánimo de lucro que está dirixida a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Alzheimer, así como a das súas familias, mediante unha atención integral personalizada e de calidade.

A entidade ten tres centros terapéuticos na Coruña, onde mediante terapias non farmacolóxicas ofertan un servizo de tratamento, atención e coidado tanto para as persoas con enfermidade de Alzheimer, como aos seus familiares. Contan ademais con programas para deterioración cognitiva leve en Oleiros, Betanzos e Culleredo.

AFACO imparte diferentes programas para cada unha das fases do Alzheimer, desde unha con deterioración cognitiva leve, ata unha severa. Cada vez hai máis grupos de atención temperá debido á gran demanda.

Os socios de AFACO teñen dereito a gozar dunha serie de servizos especificamente dirixidos a eles, así como a participar en actividades formativas e de lecer. Ofrecen, entre outros servizos de asesoría legal, asesoramento na xestión de axudas públicas e intervención psicolóxica.

Desde o Básquet Coruña queremos destacar o seu gran labor na axuda ás persoas que sofren Alzheimer e outro tipo de doenzas e ao asesoramento e apoio ás súas familias.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city