Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Actividades | 26/01/2018 13:10

Adaceco será a protagonista do derbi do domingo fronte ao Río Ourense Termal

Adaceco será la protagonista del derbi del domingo frente al Río Ourense Termal

ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña, será a causa social á que o Leyma Coruña quere mostrar o seu apoio durante o descanso do partido do domingo ás 17:30 horas en Riazor.

Baixo o programa ?17 Partidos, 17 Causas? que patrocina a Obra Social ?a Caixa?, o equipo LEB Ouro e o club baloncestístico darán visibilidade ao traballo que a entidade sen ánimo de lucro realiza na nosa cidade desde o ano 2000, cando comezou a súa andaina baixo o impulso de persoas afectadas de dano cerebral e as súas familias.

ADACECO e o Club Básquet Coruña unen a súa voz para reivindicar a normalización social das persoas que viven con dano cerecbral adquirido e as súas familias, lembrando que cada ano máis de 180.000 persoas reciben o alta en hospitais españois tras sufrir un ictus, un traumatismo cranioencefálico, un tumor cerebral, unha anoxia ou calquera enfermidade infecciosa no cerebro. Máis da metade destas persoas veranse obrigados a empezar novos proxectos de vida como consecuencia das secuelas resultantes da lesión.

Por iso, é necesario non só seguir avanzando na investigación e o tratamento médico para salvar a vida de persoas afectadas por unha lesión cerebral, senón que tamén é preciso garantir o seu dereito a vivir con dignidade, nunhas condicións que non menoscaben a súa saúde nin a das súas familias.

Desde aquí o noso chamamento ás administracións públicas e a todos os axentes implicados para mellorar esas condicións a nivel asistencial e de integración social, incluída a complicidade cidadá nunha realidade na que todos podemos vernos implicados directamente.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro