Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Club Balonceto Cambre - Básquet Coruña S · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Sofía Toro || Senior Masc. 3ªDiv: BV Asesores Los Rosales - Idefic Imatia Básquet Coruña · 22/02/2020 18:00 Los Rosales || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 22/02/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Liceo La Paz - Básquet Coruña U17 · 22/02/2020 10:00 Colegio Liceo La Paz || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - KFC Costa Artabra · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Sat On Service Montrove · 21/02/2020 17:45 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Vistaoptica Basket Ferrol · 23/02/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - KFC Culleredo Azul · 22/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña U16 · 23/02/2020 17:00 Polideportivo Sofía Toro || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Dominicos Cadete Masculino · 23/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U13 · 25/02/2020 12:00 Pazo Anexo 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Santa Maria del Mar Benjamín Fem Azul - Básquet Coruña Leyma U10 · 22/02/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Santo Domingo Betanzos 11 - Básquet Coruña U10 · 23/02/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - CD Rosalse EPB 10 · 21/02/2020 18:00 Polideportivo Agra II || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U10/9 - Culleredo · Aprazado

Actividades | 14/11/2017 19:00

Acodi e o Día Mundial contra a Diabetes, protagonistas do ?17 partidos, 17 causas? deste venres

Acodi y el Día Mundial contra la Diabetes, protagonistas del “17 partidos, 17 causas” de este viernes

O Leyma Coruña disputa este venres día 17 ás 21.00 horas o seu quinto partido da tempada no Pavillón dos Deportes de Riazor. Dentro do proxecto ?17 partidos, 17 causas? da Obra Social de "A Caixa" será a quenda de homenaxear a ACODI, que celebra hoxe, día 14 de novembro, o Día Mundial da Diabetes.

A asociación, sen ánimo de lucro, nace no ano 2006 coa idea de dar apoio, soporte, información e difusión a todas aquelas persoas con diabetes e a sensibilizar ao resto da poboación dunha patoloxía que en ocasións existe e que os afectados ignoran que a padecen.

É importante a detección da mesma, e existen métodos sinxelos e económicos que nos axudan a iso, así como tratamentos temperáns que axudan a reducir o risco de complicacións máis graves no futuro.

Trátase dunha asociación moi activa en canto a actos de concienciación e de comunicación á sociedade das noticias e avances que se van logrando no estudo e tratamento da enfermidade. Así mesmo, informa os factores de risco da diabetes tipo 2, como son unha alimentación non saudable, o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade.

Esta semana ACODI están a levar a cabo na cidade diferentes actividades e iniciativas na cidade herculina con motivo da celebración do Día mundial da Diabetes ( World Diabet Day): charlas, campañas de información e prevención, tests de risco e glucemias, etc.?

Para dar por finalizada a semana divulgativa xunto con ACODI e como parte do programa ?17 Partidos, 17 causas?, o club laranxa dedicará o seu partido deste venres a esta entidade que traballa por mellorar a vida das persoas que sofren diabetes, informar acerca da importancia da detección da mesma, apoiar a todos os pacientes, especialmente aqueles con diabetes 1 que afecta fundamentalmente a nenos e novos e que condiciona de forma moi importante a súa vida social, escolar e familiar.

Algúns datos sobre a diabetes:

199 millóns de mulleres con diabetes no mundo, que serán 313 en 2040.
1 de cada sete nacementos ven afectados pola diabetes gestacional.
415 millóns de persoas con diabetes, que serán máis de 640 millóns para 2040, a maioría dos casos son de tipo 2.

Para máis información

ACODI

Avenida de Arteixo 85-A, local 4

A Coruña

Horario: mércores e venres de 17:00 a 20:00

Info@diabetescoruna.org

www.facebook.com/diabetescoruna









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city