Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 04/01/2017 22:21

Academia Celta e NovoBasket campións da XI edición do Teresa Herrera de Minibásquet

Academia Celta y NovoBasket campeones de la XI edición del Teresa Herrera de Minibásquet

Academia Celta e Novobasket foron os flamantes campións da XI edición do Teresa Herrera de Minibásquet, que viviu unha xornada vespertina de grandes emocións coa disputa das finais en Riazor 2 ante un público entregado. Ademais, os nosos equipos laranxas en liza finalizaron quintos, na categoría feminina e oitavos en masculina.

Comezou a tarde coa vibrante final entre Academia Celta e Bosco Salesianos. As celestes, vixentes campioas, iniciaban o partido con moito ritmo e sorprendendo ás ourensás (14-9).

Bosco Salesianos melloraba no segundo acto, e comezaba cun 2+1 recortando distancias coas viguesas, chegando a porse a catro puntos (19-15). Iso facía reaccionar a Academia, que noutro arreón trataba de irse no luminoso, pero Bosco Salesianos lle "facía a goma" e finalizaba o segundo acto cinco abaixo (24-19).

No terceiro acto, cun parcial de 9-4 as celestes íanse no descanso dez arriba (33-23). Tras o tempo de asueto, ambos os equipos encadeaban minutos nos que se repartían os golpes, ata que o Celta con 7-0 puña algo de terra polo medio (44-27).

As dúas escuadras mostrábanse imprecisas, con medo a errar, o que facía que o marcador non se movese durante varios minutos. A falta de dúas, volvían a desengrasar a boneca ambos os equipos, aínda que a Bosco pesáballe a diferenza (48-29), nun cuarto cunha anotación moi baixa.

Tras varios minutos de tenteo, Bosco demostraba que non dixera a súa última palabra no partido, cun parcial de (2-8) (50-37). Seguía imparable o ritmo de anotación das de Ourense, que baixaba a barreira do dez puntos tras un triplo (51-44). Chegaba o acto definitivo con todo por decidir (53-45).

Saían os dous conxuntos a por todas e o Bosco púñase a cinco (55-50) nos primeiros compases do último cuarto. O vixente campión erraba catro tiros libres seguidos pero non fallaba desde o triplo e collía aire (58-50). Un novo tiro de tres transformado deixaba á Academia nove arriba a falta de tres para a conclusión (61-52). Ao final, triunfo para as celestes, que revalidaban así o título logrado o curso pasado (63-56).

Mentres, en Riazor 1, no duelo pola terceira praza entre Culleredo e Básket School, gañaron os cullerdenses (67-63).

A final masculina enfrontaba aos campións do ano pasado, Colexio Leonés, ante Novobásket. Saían fortes os olívicos, cun parcial de 2-8 que facía que a escuadra castelá pedise tempo morto. Chegábase ao final do primeiro acto cun conxunto vigués lanzado (4-16).

Comezaba o segundo cuarto co Colexio Leonés mellorando as súas prestacións ofensivas, pero a vantaxe do conxunto vigués complicaba calquera achegamento dos leoneses (13-30).

Pero as finais sempre son partidos distintos e Colexio Leonés mantíñase no choque grazas a un parcial de 8-4 chegando ao descanso por detrás no marcador, pero con boas sensacións (21-36).

Tras o paso por vestiarios, seguía a reacción e o equipo que exercía como visitante rebaixaba a distancia psicolóxica do dez puntos (31-39) mediado o cuarto acto. Os tiros libres, para ambos os bandos, eran os protagonistas nos minutos finais do cuarto cuarto no que Colexio Leonés presentaba a súa candidatura ao título (35-44).

As forzas empezaban a estar xustas en ambos os equipos, que cometían varias imprecisións tanto nos pases como nas finalizacións. Novobásket amortizaba a súa vantaxe ante un Colexio Leonés que erraba varias canastras, o que lle levaba a consumir varios minutos sen anotar. No último minuto do cuarto, no entanto, os leoneses daban un paso adiante e deixaban todo por decidir no período final (43-50).

A diferenza baixaba ata o catro puntos (48-52) e a bancada gozaba dun partido de infarto. Cada canastra suábase e ambas as escuadras sacaban forzas, pese ao cansazo. O partido a un ritmo altísimo e a campo aberto deixaba xogadas espectaculares. Nun final non apto para cardíacos, terminaba por imporse o Novobásket (58-64) ante un Colexio Leonés que non puido revalidar o seu triunfo do ano pasado.

A clasificación final da XI edición do Teresa Herrera de Minibásquet foi a seguinte:

Categoría feminina

1. Academia Celta

2. Bosco

3. Selección Galega 2006

4. Culleredo

5. Básquet Coruña Leyma

6. Colexio Leonés

7. Balonceso Feminino León 2005

8. Star Center Universitario 2005

9. Maristas Lugo

10. Baloncesto Feminino León 2006

11. Obradoiro

12. Calasancias

Categoría masculina

1.Novobásket

2. Colexio Leonés

3. Culleredo

4. Básket School

5. Bosco Salesianos

6. Selección Galega 2006

7. Colexio Leonés B

8. Básquet Coruña

9. Maristas Lugo

10. Montrove

11. Instituto Odontológico Cidade de Ponferrada

12. CB San Andrés León

Os MVP foron en categoría masculina Pelayo (Novobásket) e en feminina Greta (da Academia Celta).








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro