Aberta a inscrición para a nova tempada das categorías basee

Co inicio do mes de agosto o Club Básquet Coruña quenta motores de face á nova tempada e desde mañá día 1 abre o prazo de inscrición para que todos os xogadores e xogadoras das súas categorías inferiores renoven o seu compromiso co sentimento laranxa, ademais de dar a benvida ás novas incorporacións.

Desde o Club remitimos o formulario de inscripición a todas as familias con fillas e fillos nas nosas escolas e equipos durante a última tempada. Se non vos chegaron podedes solicitalo no noso correo club@basquetcoruna.com

Lembrámosvos o convenio que temos co Grupo Hospitalario para a realización de recoñecementos médicos no seu Centro Médico Quirón Saúde, situado nos baixos do estadio de Riazor, con prezos especiais para os nosos xogadores. Este ano poderanse realizar, sempre a vontade das familias, dous tipos de recoñecementos médicos, o sinxelo para a firma da ficha federativa -só obrigatorio nas categorías cadete, junior e senior- e un máis completo para calquera xogador que o desexe.

En canto aos equipamentos e chándales oficiais do Club, xa están dispoñibles nas nosas oficinas unhas mostras das tallas para quen necesiten probalas.

Non menos importante, animamos ás familias dos xogadores a solicitar os vosos abonos para gozar dos partidos do primeiro equipo e dunha tempada competitiva que promete ser tan ou máis emocionante que a recentemente vivida. Ben nas oficinas do club ou ben na nosa páxina web, podedes adquirilos polos mesmos prezos da tempada anterior, é dicir, 40 euros para o primeiro carné de adulto -pai ou nai- e 20 euros para o segundo. Os irmáns/as menores de 18 anos entran gratis, do mesmo xeito que os xogadores/as.

As inscricións ás categorías base que se formalicen antes do 31 de Agosto terán unha bonificación de 10 euros. Todos os equipos -incluídas escolas e BabyBasquet- comezarán a súa actividade o 1 de setembro e finalizarán o 16 de xuño, salvo os equipos que por razóns da competición comecen a adestrar en agosto, nas datas que se lles indique.

Como sempre, para calquera consulta estamos a vuestra disposición nas oficinas do club, a través do teléfono ou por correo electrónico, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30. Esperamos que esta nova tempada sexa do agrado de todos e que os xogadores e xogadoras gozar e aprendan o máximo posible coa práctica do seu deporte favorito.