Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: LECHE RIO BREOGAN - Leyma Coruña · 20/09/2019 18:00 A RAÑA, MARÍN || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - C.B NOIA LOLITAMODA.COM · 21/09/2019 10:00 FONTIÑAS, SANTIAGO DE COMPOSTELA || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Compañía de Maria · 22/09/2019 12:00 RIAZOR 2, A CORUÑA || Cadete Fem. 2ªDiv: SEIS DO NADAL-COIA - Básquet Coruña Leyma C · 21/09/2019 20:00 NAVIA, VIGO || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - PORTO DO SON · 22/09/2019 17:00 RIAZOR 2, A CORUÑA

Primer equipo | 18/11/2017 11:24

A falta de acerto exterior lastra ao Leyma Coruña ante o Club Baloncesto Melilla (67-78)

La falta de acierto exterior lastra al Leyma Coruña ante el Club Baloncesto Melilla (67-78)

O Leyma Coruña sumou a súa segunda derrota consecutiva tras sucumbir no Palacio dos Deportes de Riazor ante un Club Baloncesto Melilla moi sólido. O equipo que dirixe Gustavo Aranzana pagou a súa mal porcentaxe en tiro de tres (14 %) ante un rival que estivo moito máis afortunado (40 % ).

Os coruñeses comezaron entoados no partido, con boas accións tanto en defensa como en ataque, algunhas das cales levantaban a un Palacio onte abarrotado. Tras un primeiro cuarto de tenteo por parte de ambos os equipos, con baixa anotación (14-19), comezaban os primeiros problemas para os laranxas.

A escuadra de Alejandro Alcoba, liderada por un moi acertado Pablo Almazán desde o perímetro, comezaba a establecer as primeiras diferenzas no luminoso (11-25), aínda que o Leyma achegábase no descanso, marcaba a que sería a perigosa tendencia do partido (32-45).

Tras o paso de vestiarios e a marcha por cinco faltas dun Fran Guerra que fixera ata ese momento moito dano na pintura, chegaban os mellores minutos dos locais, que cun parcial de 8-0 asexaban ao seu rival, superando a psicolóxica barreira dos 10 puntos abaixo (50-59).

Non eran capaces de culminar a remontada os laranxas, que en canto vían recortar as diferenzas eran respondidos por un Melilla moi sólido, que se encomendaba no último cuarto e nos minutos ?quentes? do duelo ao oficio e experiencia de Dani Rodríguez.

O Leyma Coruña tentábao ata o final pero acababa cedendo ante o mellor facer do Club Baloncesto Melilla, que mostrou na Coruña a súa candidatura ao ascenso á ACB.

Os coruñeses, pola súa banda, disputarán o seu próximo choque a domicilio o venres 24 ante o Prat ás 21.00 horas e volverán competir no Palacio dos Deportes de Riazor o mércores 29 en idéntico horario ante os Chocolates Trapa Valencia.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro