Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: LECHE RIO BREOGAN - Leyma Coruña · 20/09/2019 18:00 A RAÑA, MARÍN || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - C.B NOIA LOLITAMODA.COM · 21/09/2019 10:00 FONTIÑAS, SANTIAGO DE COMPOSTELA || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Compañía de Maria · 22/09/2019 12:00 RIAZOR 2, A CORUÑA || Cadete Fem. 2ªDiv: SEIS DO NADAL-COIA - Básquet Coruña Leyma C · 21/09/2019 20:00 NAVIA, VIGO || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - PORTO DO SON · 22/09/2019 17:00 RIAZOR 2, A CORUÑA

Equipos base | 17/12/2015 10:09

2ª división júnior feminina: Básquet Coruña Leyma 98 - Xiria (50 ? 49)

2ª división júnior femenina: Básquet Coruña Leyma 98 - Xiria (50 – 49)

Básquet Coruña Leyma ?98: Carolina Rocha (5), Andrea Varela (9), Aldara García (9), Julia Liñares (14), Lydia Reija (11) ? 5 inicial ? Ana Boedo (-), Sara Carro (2), Laura Criado (-).

Adestrador: Diego Fernández.

Xiria Laracha: (acta ilegible)

Adestrador: Iván Latasa.

Baixas para este partido: Irene Mocada por lesión. Entraban na convocatoria as cadetes Sara e Laura.

Árbitro: Curros e Mosteiro. Sen eliminados.

Parciais: 19-9, 27-16 (descanso), 38-32, 50-49 (final).

Asistencia: Cincuenta espectadores.

Partido intenso e que se decidiu nos instantes finais entre Básquet Coruña e Xiria. As nosas comezaban controlando o ritmo do partido, cun bo nivel defensivo colectivo, mentres que en ataque destacaba a circulación de balón, atopando vantaxes especialmente no xogo interior (19-9 min 10).

No segundo cuarto, a anotación baixaba, pero Básquet Coruña mantiña o control de xogo e do marcador, con vantaxes que sempre roldaban o dez puntos.

Neste cuarto, os puntos chegaban principalmente desde o tiro libre, ao conseguir as nosas forzar numerosas faltas en accións dun contra un (27-16 min 20).

Tras o descanso, as visitantes optaban por unha defensa en zona 2-3, que nosas mozas atacaban con acerto no tiro a media e longa distancia, alcanzando unha máxima vantaxe de 16 puntos (34-18).

Con todo, as de Carballo apoiábanse na súa xogadora interior Sánchez, e aproveitaban o baixón ofensivo das nosas para ir aos poucos recortando diferenzas (38-32 min 30).

No cuarto final, Básquet Coruña recuperaba o seu mellor nivel de xogo, freaba á pivote visitante, cunha destacada defensa de Laura, e recuperaba unha vantaxe de 8 puntos, tras dúas accións ofensivas consecutivas de Aldara, a un minuto do final.

As visitantes aproveitaban algunhas imprecisións das nosas á hora de pechar o partido para achegarse no marcador, aínda que a vitoria caía ao lado das coruñesas, que sumaban a súa terceira vitoria consecutiva (50-49 min 40).









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro