17 partidos, 17 causas; Fundación Abrente e Leyma Coruña

O venres 6 de outubro, o equipo de liga LEB OURO debuta ante a súa afección contra o Saenz Horeca Araberri de Vitoria. Este partido, no Palacio dos deportes de Riazor, será tamén o punto de partida da iniciativa '17 partidos, 17 causas'.

Nesta ocasión, será a Fundación Abrente a través o seu Proxecto ENKI a que teña visibilidade no Palacio para que todos os asistentes e os medios poidan coñecer de primeira man o traballo da mesma e as diferentes actividades lúdico-deportivas que se organizan a través de ENKI, cuxo obxectivo é dar visibilidade a colectivos e persoas con diversidade funcional.

O próximo 22 de outubro, a Fundación Abrente xunto coa Fundación Maria José Jove, a Obra Social ?A Caixa? e o Concello da Coruña, organizan o IV Carreira de Obstáculos pola integración ENKI. Cita única en Galicia coa que se pretende a educación en valores e na diversidade, a inclusión e a práctica deportiva. A partir do venres 6 de outubro será posible a inscrición para participar na mesma. Hai 5.000 inscricións dispoñibles a través da web www.enkiproyecto.com, e a organización espera cubrilas todas despois do éxito das 3500 do ano anterior e o 100 % da recadación destinarase a entidades sociais e proxectos que promoven a incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional.

Desde o Leyma Coruña preténdese crear un escaparate de visualización social en cada un dos partidos do equipo LEB en casa. Por iso, o club abre as súas portas a este tipo de iniciativas e celebra e anima a todos aqueles que queiran participar nelas a inscribirse neste IV Carreira de Obstáculos pola Integración ENKI que terá lugar o 22 de outubro desde as 10:00 horas na chaira da Cidade Deportiva de Riazor.

Para máis información acerca da iniciativa 17 partidos, 17 causas, ou calquera dos importantes proxectos da Fundación Abrente e o seu proxecto ENKI:

http://www.basquetcoruna.com/es/noticia/causas-sociais-entidades-e-asociacións-tendran-o seu-espazo-en-os-partidos-do-leyma-coruna

www.enkiproyecto.com

www.fundaciónabrente.org