Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 10/10/2017 15:45

17 Partidos, 17 Causas coa Obra Social ?a Caixa?: Feafes Galicia e Leyma Coruña

17 Partidos, 17 Causas con la Obra Social “la Caixa”: Feafes Galicia y Leyma Coruña

Co proxecto 17 partidos, 17 causas, que xa foi presentado e estreado no primeiro partido do Leyma Coruña en casa, chega a cooperación no día de hoxe, con FEAFES Galicia e APEM. A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental en Galicia, entidade sen ánimo de lucro que pretende representar os dereitos e as necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental, será hoxe a protagonista no partido que disputa o primeiro equipo no Palacio dos Deportes de Riazor.

O día non pode ser máis propicio, xa que hoxe 10 de Outubro, conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, co apoio da OMS (Organización Mundial da Saúde) para dar a coñecer a realidade, reivindicacións e necesidades deste colectivo. Este ano o tema elixido é a saúde mental no lugar de traballo.

FEAFES Galicia ,a través das 14 asociacións que a conforman, creou a acción ?Ou que teño na mente? como lema de diferentes accións que veñen levando a cabo desde o 2 de outubro e que se estenderán ata o 18 de outubro nun total de 25 localidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais de todas as actividades previstas, hai outra acción a través das redes en forma de mural dixital no que todos podemos participar. A difusión en redes farase a través do hagstag #oqueteñonamente.

Desde o Leyma Coruña, e sempre da man da Obra Social ?a Caixa? queremos facer de nova énfase na necesidade de dar visibilidade a asociacións como FEAFES, de carácter social, cuxo obxectivo principal é a creación e adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas que sofren problemas de saúde mental así como aos seus familiares.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro